Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 12 de maio de 1999, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre os subsidios para a integración dos minusválidos da Seguridade Social relacionadas no anexo.

No uso das competencias sobre os subsidios para a integración dos minusválidos da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto 383/1994, do 1 de febreiro, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó teren sido devoltas polo servicio de correos as resolucións enviadas no seu día, notifícaselles ós citados no anexo a resolución dictada en relación

co seu expediente de pensión non contributiva pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Contra esta resolución poderá interpoñer reclamación previa á vía da xurisdicción laboral ante esta delegación provincial dentro dos trinta días seguintes ó da data na que se publique este edicto, conforme o disposto no artigo 71 do texto refundido da Lei de procedemento laboral, aprobado por Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Vigo, 12 de maio de 1999.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: Juan Manuel López Rodríguez.

DNI: 36.123.052.

Resolución: extinción do dereito ó subsidio de garantía de ingresos mínimos.

Causa: figurar de alta no réxime xeral da Seguridade Social por realizar un traballo e de acordo coa declaración de ingresos do ano 1997 por traballar na empresa Garevol, S.L.

Fundamento de dereito: artigo 2.1º b do R.D. 383/1984, que establece como requisito non estar comprendido no campo de aplicación do sistema da Seguridade Social, por non desenvolver actividade laboral.

Cantidade que hai que reintegrar: 748.050 ptas. (4.495,87 euros*).

(* Para esta información utilizouse o tipo oficial de conversión 166,386 ptas./1 euro).