Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/216-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. San Xulián-Pazo da Raña-rúa San Pedro.

Situación: Marín.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 54 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. Marín II, rematando no C.T. que se proxecta en San Xulián, Pazo da Raña, na rúa San Pedro, concello de Marín. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 262 m de lonxitude, con conductor tipo RV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 13 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra