Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. rúa Gabino Bugallal.
Situación: As Neves.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 210 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio da L.M.T. S.A.L. 803 (As Neves) entre os CC.TT. As Neves-Hotel e As Neves, rematando no C.T. que se proxecta na rúa Gabino Bugallal, concello das Neves. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 41 m de lonxitude, con conductor tipo RV.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 13 de maio de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra