Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. A Paz 10.
Situación: Cangas.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 169 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. existente Cangas 803, alimentando en bucle o C.T.que se proxecta na Paz 10, concello de Cangas, rematando na mesma liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 18 m de lonxitude, con conductor tipo RV.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 10 de maio de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra