Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Roupeiro-Matamá.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 28 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 3 da L.M.T. B.A.L. 701 ata o C.T. que se proxecta no Roupeiro-Matamá, concello de Vigo. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, con conductor tipo R.Z., de 60 m de lonxitude. R.B.T., subterránea, de 100 m de lonxitude, con conductor tipo RV.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 10 de maio de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra