Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AG-SA-65/98-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dictada no expediente por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955.

Para os efectos previstos no artigo 21 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación poderá interpor recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 25 de novembro de 1998.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-65/98-PO.

Denunciado: Argimiro Gil Blanco.

Último enderezo coñecido: A Cruz nº 7, Maceda (Ourense).

Feito denunciado: carecer da guía de orixe e saniade pecuaria e sen a debida desinfección do vehículo.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 217.3º do Decreto do 4-2-1955, polo que se aproba o regulamento da Lei de epizootias do 20-12-1952.

Sanción: 10.000 ptas.