Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.820

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se elevan a definitivas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ó proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado por Orde do 12 de marzo de 1999 (DOG do 22).

De conformidade co disposto no punto 19 da convocatoria do proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, Orde do 12 de marzo de 1999 (DOG do 22), vistas as reclamacións presentadas contra a lista provisional de admitidos e excluídos, publicada pola Resolución do 11 de maio de 1999 (DOG do 21 de maio).

Esta dirección xeral resolveu elevar a definitivas as mencionadas relacións, coas modificacións que se conteñen nos anexos desta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1999.

Jaime García García

Director xeral de Persoal