Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.820

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 9 de xuño de 1999 pola que se procede ó nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia dos aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 1 do grupo V, na categoría 3 do grupo IV e na categoría 2 do grupo I, convocados pola Orde do 2 de decembro de 1996.

Na páxina 7.681 na columna da dereita no punto segundo parágrafo segundo onde di: «O persoal da categoría 1 (camareiro/a-limpador/a e outros) do grupo V que obtivese destino ...»; debe dicir: «O persoal da categoría 2 (titulado superior médico e outros) do grupo I e da categoría 1 (camareiro/a-limpador/a e outros) do grupo V que obtivese destino ...».