Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

O Concello Pleno, con data do 26 de marzo de 1999, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización, para a parcela sita no Ponto, promovido pola empresa Cerna, S.L. e redactado pola arquitecta Ana Mª Fonticoba Graña.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou o acto, no prazo dun mes, conforme o establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, ou recurso contencioso-administrativo, previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó desta publicación.

Contra a resolución do recurso de reposición poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e de seis meses se esta fose presunta.

Tamén poderá utilizar, non obstante, outros recursos se o considerase oportuno.

Narón, 6 de maio de 1999.

Xoán Gato Díaz

Alcalde