Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. Otero Pedrayo.
Situación: Cambre.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 92 m de lonxitude, con orixe na liña nº 8 da subestación de San Marcos, tramo desde C.T. Luis Pimentel a C.T. Costa da Tapia e final en C.T.C. Otero Pedrayo, que se vai instalar. Centro de transformación en baixo edificio, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en r/ Otero Pedrayo, do que parte rede de baixa tensión, subterránea en conductor R.V. de 110 m de lonxitude. Cambre.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega
cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 20 de maio de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña