Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 108/1998).

Visto o expediente para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación así como aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pena-Domende (Cerdido).

Liña eléctrica aérea a 20 kV sobre apoios de formigón (6) e con conductor LA-56, de 699 m de lonxitude, con orixe na liña Cerdido-Fergosas e final no C.T. que se vai instalar en Pena. Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios de formigón (5) e con conductor LA-56, de 668 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 4 da liña, arriba descrita, e final no C.T. que se vai instalar en Domende. Centros de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Pena e Domende, dos que parten redes de baixa tensión que enlazarán coas existentes, sobre apoios de formigón e conductro R.Z. en lonxitudes de 15 e 105 m respectivamente, no termo municipal de Cerdido.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 21-7-1998 en no BOP do 11-6-1998, no xornal El Ideal Gallego do día 8-6-1998 e nos taboleiros de anunicios da casa do Concello de Cerdido ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Por esta delegación provincial comprobouse que a liña o seu paso polos predios relacionados na información pública, non incurre en ningunha das prohibicións contempladas no artigo 57.A da Lei 54/1997, de 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro) e no artigo 25 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro sobre autorización e expropiación for

zosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública dos mesmos que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 20 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5261