Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T., R.B.T. de Moreiras, Fustas e Gomesende, no concello de Gomesende. (Expediente IN407A 98/160-3 A.T.).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sánez Díez nº 45, 32003 Ourense, solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentos ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o que establece a disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentou alegacións o titular do predio nº 21 da relación de afectados por non estar de acordo co trazado. As ditas alegacións foron desestimadas polas razóns que en cada caso se lle notifican ó afectado en escrito á parte, e que non se transcriben nesta resolución para evitar repeticións.

Vista sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, observáse que nesta non se dá ningunha das prohicicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

1ª Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos:

L.M.T. aérea a 20 kV de 423 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 93 da L.M.T. Frieira-Cortegada-Celanova e remate no C.T. aéreo proxectado de Carballeiras con 50 kVA e r/t 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de 250 m en conductor R.Z.

L.M.T. aérea a 20 kV de 694 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio de madeira que se vai substituír da L.M.T. a C.T. Reguenga e remate no C.T. aéreo proxectado de Garabelos con 50 kVA e r/t 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de 1.100 m en conductor R.Z.

L.M.T. aérea a 20 kV de 40 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio de madeira qeu se vai substituír da L.M.T. existente Sobrado-Moreiras e remate no C.T. aéreo proxectado de Sobrado con 50 kVA e r/t 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de 1.050 m en conductor R.Z.

Redes de baixa tensión aéreas de 440, 3.330 e 1.441 m dos C.T. existentes de Fustas a Casanovas, Casaldrigo e Moreiras.

2ª Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecunecias estabelcidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autonómas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

3º Que o representante da Administración en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 24 de agosto de 1998, que se publicou no DOG do 15 de outubro, no BOP de Ourense do 9 de outubro e no xornal diario La Región do 26 de setembro.

Contra a presente resolución, que non é defintiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 14 de maio de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5265