Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 5/1999).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento

da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

-Enderezo para efectos de notificacións: r/ Betanzos, 1-1º Esqu., 15004 A Coruña.

-Denominación: parque eólico de Corzán.

-Concellos afectados: Negreira (A Coruña).

-Superficie afectada: 2.950 ha.

-Coordenadas UTM:

A(X=511.500; Y=4.753.500).

B(X=513.500;Y=4.753.500).

C(X=516.000; Y=4.753.000).

D(X=516.000; Y=4.751.500).

E(X=517.000; Y=4.750.000).

F(X=517.000; Y=4.748.000).

G(X=514.500; Y=4.745.500).

H(X=511.000; Y=4.748.500).

Potencia que se vai instalar: 16,5 MW.

Durante o prazo de vinte días poderán presentarse solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia.

A Coruña, 26 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña