Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 26 de maio de 1999, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Caeiro Santos, José Manuel e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións) con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 26 de maio de 1999.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Caeiro Santos, José Manuel

DNI 34.981.701

Gregorio Fernández, 11-3º B,

Ourense

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expte. 5229/92. RR. 56/98. Desestimado

Castro Iglesias, Miguel

DNI 36.146.012

Marín, 22-2º B, Vigo

Imposto sanción de C. Agricultura (Medio Ambiente). Expte. P-210-1997. RR. 254/98. Estimado

Davila Grossio, Benedicta

DNI 35.947.963

Castrelos-Costa, 104, Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expte. 17120/94. RR. 139/97. Desestimado

Porto Carril, Fernando

DNI 35.990.476

Camelias, 107-2º B, Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expte. 15133/95. RR. 142/99. Desestimado

Saborido Álvarez, Honorato

DNI 35.908.172

Gregorio Espino, 29-1º A, Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expte. 7628/91. RR. 281/98. Desestimado