Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 26 de maio de 1999, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan requirimentos de documentación pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Barral Alcalde, Francisco e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse requirimentos de documentación pendentes de notificar despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións) con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 26 de maio de 1999.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Barral Alcalde, Francisco

DNI non consta

Avda. de Samil, 55, Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expte. 5578/94

Del Castillo González, Mª del Rosario

(Centro de Asesoría Hipotecaria, S.L.)

DNI non consta

República Arxentina, 22-2º, Of. 22,

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expte. 4609/98

González Iglesias, Susana

DNI non consta

Moaña, 1-6º, Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expte. 13243/94

Lago Puga, Ángeles Mercedes

DNI non consta

San Honorato, 20, Vigo

Imposto de sucesións e doazóns. Expte. 2106/94

Rodríguez Fernández, Leonardo

DNI non consta

Parachán-Candeán, 56, Vigo

Imposto de sucesións e doazóns. Expte. 785/98

InteresadoProcedemento

Tuche Santomé, Manuel

DNI non consta

Pza. de Compostela, 20-6º, Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expte. 5097/89