Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.772

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se dictan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 1999/2000, entre profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Coa finalidade de adxudicarlle destino provisional para o curso académico 1999/2000, ó profesorado sen destino definitivo dos corpos citados, convócase o presente concurso de acordo coas seguintes bases:

Primeira.

Convócase concurso, de acordo coas especificacións que se citan na presente resolución, para a provisión das necesidades de profesorado para o curso 1999/2000, nos centros que se relacionan nos anexos I, II, III e IV, entre o profesorado sen destino definitivo dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Segunda.

Estarán obrigados a participar no presente concurso, na súa especialidade:

a) O profesorado que resultou suprimido no proceso de adscrición regulado pola Orde do 1 de outubro de 1998 e continúe nesa situación, agás que fixese a opción de ser recolocado na localidade na que foi suprimido.

b) O profesorado en situación de expectativa de destino, que se ordenará por anos de celebración do concurso-oposición, e dentro de cada concurso-oposición polo número de orde obtido nel. Este profesorado é o que non obtivo destino na resolución do concurso de traslados convocado pola Orde do 6 de novembro de 1998 (DOG do 17). Se algún destes profesores obtivese destino na resolución definitiva do concurso de traslados, seralle retirada a súa solicitude, e incorporarase ó destino acadado. Se algún profesor que tivese adxudicado destino na resolución provisional do concurso non o obtivese na resolución definitiva, terá un prazo de dez días contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para efectua-la solicitude de adxudicación de destino provisional.

c) Os opositores que superen o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas ou profesores de música e artes escénicas convocados pola Orde do 15 de marzo de 1999 pola orde obtida no procedemento selectivo, agás os que estean exentos de realiza-la fase de prácticas e opten por continuar desempeñando servicios no seu corpo de orixe.

d) O profesorado interino, pola mesma orde que elixiron no curso académico 1998-1999.

e) O profesorado substituto, en función da orde de acceso á interinidade ou substitución.

Terceira.

Os profesores de ensino secundario poderán solicita-las seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:

a) As correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os centros ou localidades, que figuran no anexo I da presente resolución e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

001Filosofía

002Grego

003Latín

004Lingua castelá e literatura

005Xeografía e historia

006Matemáticas

007Física e química

008Bioloxía e xeoloxía

009Debuxo

010Francés

011Inglés

012Alemán

016Música

017Educación física

018Psicoloxía e pedagoxía

019Tecnoloxia

020Ética

053Lingua e Lit. galega

056Informática BUP

059Tecn. Empres. e Act. turísticas

061Economía

062Mant. Equip. audiovisuais

063Equipos informáticos

064Tecnoloxía fontanería

065Estudios TV

066Tecnoloxía industrial

070Ética e filosofía do dereito

072Volume

073Xeometría da arte

101Administración de empresas

102Análise e química industrial

103Asesoría e procesos de imaxe persoal

104Construccións civís e edificacións

105Formación e orientación laboral

106Hostalería e turismo

107Informática

108Intervención sociocomunitaria

109Navegación e instalacións mariñas

110Organización e xestión comercial

111Organización e procesos de mantemento de vehículos

112Organización e proxectos de fabricación mecánica

113Organización e proxectos de sistemas enerxéticos

115Procesos de producción agraria

116Procesos na industria alimentaria

117Procesos diagnósticos clínicos e proced. ortoprotésicos

118Procesos sanitarios

119Procesos e medios de comunicación

120Procesos e productos de téxtil, confección e pel

122Procesos e productos en artes gráficas

123Procesos e productos en madeira e moble

124Sistemas electrónicos

125Sistemas electrotécnicos e automáticos

803Cultura clásica

b) O profesorado interino e substituto de clásicas poderá solicitar indistintamente as prazas de latín e grego, entendéndose incluída para estes participantes a cultura clásica.

Os funcionarios de carreira procedentes de extinguidas especialidades de formación profesional solicitarán as prazas das novas especialidades segundo a correspondencia establecida no anexo II d) do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro (BOE do 10), polo que se adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica e VIII d) do Real decreto 777/1998, do 30 de abril (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, e que a continuación se relacionan.

Especialidade antigaEspecialidades novas

Tecn. administrativa e comercial-Administración de empresas.

-Organización e xestión comercial.

Tecn. delineación-Construccións civís e edificacións.

-Organización e proxectos de fabricación mecánica.

-Organización e proxectos de sistemas enerxéticos.

Tecn. sanitaria-Procesos sanitarios.

-Procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos.

Tecn. Agraria-Procesos de producción agraria.

-Procesos na industria alimentaria.

O establecido no punto anterior resultará da aplicación ós funcionarios en expectativa, prácticas, interinos e substitutos nos supostos de que exista unha única lista da especialidade.

c) O profesorado de modelado e baleirado poderá solicitar prazas de volume.

d) O profesorado de matemáticas poderá solicitar prazas de xeometría da arte.

e) Os profesores de ensino secundario titulares das especialidades correspondentes poderán solicita-las prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos relacionadas nos anexos II e IV da presente resolución. Para tales efectos deberán incluír na súa petición os códigos destes centros, aínda no suposto de que optasen por efectua-la súa solicitude por localidades.

f) Os titulares da especialidade de tecnoloxía administrativa que posúan algunha das titulacións de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en ciencias económicas, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública poderán solicitar prazas de economía.

Cuarta.

Os profesores do corpo de profesores técnicos de formación profesional poderán solicita-las seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:

a) Prazas correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os centros ou localidades que figuran no anexo I, e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

028Práct. equipos informáticos

030Práct. protésico dental

031Práct. hixienista dental

033Prácticas e actividades

034Práct. empresas e actividades turísticas

037Práct. diminuídos psíquicos

201Cociña e pastelería

202Equipos electrónicos

203Estética

204Fabricación e instalación de carpintería e moble

205Instalación e mantemento de equipos térmicos e de fluídos

206Instalacións electrotécnicas

208Laboratorio

209Mantemento de vehículos

210Máquinas, servicios e producción

211Mecanizado e mantemento de máquinas

212Oficina de proxectos de construcción

213Oficina de proxectos de fabricación mecánica

214Operacións e equipos de elaboración de productos alimentarios

215Operacións de procesos

216Operacións de producción agraria

217Patronaxe e confección

218Perruquería

219Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico

220Procedementos sanitarios e asistenciais

221Procesos comerciais

222Procesos de xestión administrativa

223Producción en artes gráficas

225Servicios á comunidade

226Servicios de restauración

227Sistemas e aplicacións informáticas

228Soldadura

229Técnicas e procedementos de imaxe e son

Os funcionarios de carreira procedentes de extinguidas especialidades do corpo de profesores técnicos de formación profesional solicitarán as prazas das novas especialidades segundo a correspondencia establecida no anexo IV.c) do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro (BOE do 10), polo que se adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica e VIII b) do Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, e que a continuación se relacionan.

Especialidade antigaEspecialidades novas

Práct. administrativas e comerciais-Proc. de xestión Administrat.

-Proc. comerciais.

Prácticas de delineación.-Oficina de Prox. de construcción.

-Oficina de Prox. de fabricación mecánica.

Prácticas de química-Laboratorio.

-Operacións de procesos.

Prácticas do metal.-Mecanizado e mantemento de máquinas.

-Soldadura

Pract. perruquería e Est.-Estética

-Perruquería

Prácticas sanitarias-Procedementos de diagnóstico clínico e ortopro-

tésico.

(Non inclúe as prazas de protésico dental).

-Procedementos sanitarios e asistenciais.

Prácticas agrarias:-Operacións e equipos de producción agraria.

-Operacións e equipos de elaboración de productos

alimentarios.

Prácticas de electricidade:-Instalacións electrotécnicas.

-Instalación e mantemento de equipos térmicos e de

fluídos.

O establecido no punto anterior resultará de aplicación ós funcionarios en expectativa, prácticas, interinos e substitutos, nos supostos de que exista unha lista única de especialidade.

Quinta.

Os profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional que soliciten localidades, entenderase que solicitan tódolos centros da localidade, incluídos no anexo I, pola orde que se publica na presente resolución. Se piden a localidade con afíns, entenderase que solicitan con prioridade tódolos centros desta sen afíns e, posteriormente, con afíns. Se desexan solicitar centros doutros anexos deberán especifica-la petición co código do centro.

Sexta.

Os profesores de escolas oficiais de idiomas, de acordo coas especialidades de que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo II e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

001Alemán

006Español para estranxeiros

008Francés

009Galego

011Inglés

012Italiano

015Portugués

017Ruso

Sétima.

Os profesores de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo III e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

001Acordeón

002Harmonía e melodía acompañada

004Canto

007Clarinete

008Composición e instrumentación

009Conxunto coral e instrumental

010Contrabaixo

011Contrapunto e fuga

019Estética e Hª da música, da cultura e da arte

021Fagot

023Frauta travesa

024Frauta de bico

026Guitarra

029Hª da cultura e da arte

039Música de cámara

042Oboe

043Órgano

045Percusión

046Piano

048Pianista acompañante (canto)

050Repentización, transposición, instrum. e acompañamento

052Saxofón

053Solfexo e teoría da música

055Trombón

057Trompa

058Trompeta

059Tuba

060Viola

061Violín

063Violoncelo

064Pianista acompante (instrumentos)

065Pianista acompañante (danza)

066Pianista acompañante

088Arpa

090Clave

Oitava.

Os profesores de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:

CódigoEspecialidade

006Dereito usual e contabilidade

009Debuxo artístico

010Debuxo lineal

013Hª da arte

016Matemáticas

018Modelado e baleirado

034Técnicas de deseño gráfico

035Técnicas gráficas industriais

037Teoría e práctica do deseño

038Proxecto e deseño interiores

039Teoría da comunicación

040Xemoloxía

Novena.

Os mestres de taller de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que

aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:

CódigoEspecialidade

006Cerámica artística

008Decoración

012Delineación

015Deseño de figurinos

016Dourado e policromía

021Esmaltes

027Fotografía artística

028Fotografía e procesos de reproducción

041Metalistería artística

047Ourivería

050Química aplicada á cerámica

052Repuxado en metal

058Talla en madeira

060Talla en pedra e madeira

063Técnicas de xoiería

065Baleirado e moldeado

066Proxecto e deseño de interiores

067Taller do moble

097Serigrafía

107Deseño gráfico asistido por ordenador

Décima.

1. Os participantes deberán manifestar na instancia de solicitude aquelas disciplinas afíns coas que desexan completar, se é o caso, horario. Para estes efectos, poderán solicita-la tecnoloxía, tanto os profesores de ensino secundario como os profesores técnicos de formación profesional que posúan a titulación necesaria para impartila, debendo presentar fotocopía compulsada dela.

2. De existir nun centro máis dunha vacante da mesma especialidade, unha delas cun horario completo e outra para completar con materias afíns, adxudicarase en primeiro lugar a praza ou prazas que teñan horario completo da especialidade pola que se participa.

3. O profesorado poderá solicitar un mesmo centro ou localidade con horario completo da súa especialidade e con materias afíns, na orde que coide conveniente. Para estes efectos deberanse repeti-los códigos dos centros nos que se dea a circunstancia, poñendo unha cruz (x) no recadro da dereita da solicitude (A) que fai referencia a materias afíns. Cando se pretende solicitar un centro primeiro sen materias afíns e inmediatamente despois con materias afíns terán que transcribi-lo código do centro unha soa vez, poñendo unha cruz (x) no recadro da dereita da solicitude. Na adxudicación terá prioridade a petición de centro ou localidade sobre a orde das materias afíns.

O profesorado poderá excluír da súa solicitude a petición de destinos de centros compartidos, sinalándoo no recadro correspondente da instancia.

Décimo primeira.

1. A orde de adxudicación dos destinos provisionais será por colectivos preferentes, conforme o previsto na base segunda.

2. Ós profesores, interinos e substitutos que soliciten prazas da súa especialidade sen completar horario con ningunha outra materia, de non corresponderlles ningunha destas prazas, pasarán a formar parte da lista para posibles novas necesidades de

interinidades ou substitucións. Ós profesores en expectativa de destino e en prácticas adxudicaráselles destino de oficio.

3. Ós profesores que soliciten prazas da súa especialidade completando horario con outras materias, de non corresponderlles praza na súa especialidade, adxudicaráselles praza noutra materia das indicadas como afíns, se existise vacante, unha vez colocados os colectivos sinalados nas letras a), b), c), d) e e) da base segunda da presente resolución.

4. Ó profesorado substituto unicamente poderá adxudicárselle praza da súa especialidade, con ou sen materias afíns, segundo a solicitude.

Décimo segunda.

As prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos que queden vacantes, unha vez resolto o concurso entre os funcionarios en expectativa de destino, funcionarios en prácticas e, se é o caso interinos, dos corpos correspondentes, seranlles adxudicadas ós profesores de ensino secundario, da respectiva especialidade que as solicitasen.

Décimo terceira.

Cando concorran a prazas de materias afíns profesores de distinta especialidade, a orde de prioridade na adxudicación estará determinada pola pertenza a un colectivo preferente, de acordo coa base segunda da presente resolución. No suposto de que pertenzan ó mesmo colectivo a orde será determinada pola data máis antiga de acceso á prestación de servicios como interino ou substituto. De coincidi-la mesma data de acceso a un posto de traballo na función pública docente, desempatarase por orde alfabética, iniciándose polo apelido coa letra G.

Décimo cuarta.

1. Con carácter previo á adxudicación das prazas do presente concurso, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederá a resolve-las peticións de reingreso no servicio activo solicitados con anterioridade ó 3 de setembro de 1999.

2. Así mesmo, con carácter previo á adxudicación destas prazas deberá terse rematado a adscrición funcional regulada polas instruccións da Dirección Xeral de Persoal do 31 de maio de 1999.

Décimo quinta.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para os opositores que superen o procedemento selectivo convocado pola Orde do 15 de marzo de 1999, o prazo será de cinco días naturais contado desde o día seguinte ó da publicación da lista de aprobados polos tribunais.

Os opositores mencionados no parágrafo anterior que xa fixeran a súa solicitude pola súa condición de interinos ou substitutos unicamente presentarán, no mesmo prazo e lugar mencionados anteriormente, o documento que se xunta como anexo V.

Décimo sexta.

1. Sen prexuízo do establecido no parágrafo terceiro da base anterior, as solicitudes, segundo o modelo oficial que estará á disposición dos interesados nas delegacións provinciais, presentaranse, por duplicado, orixinal e fotocopia, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 37.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Xuntarase á solicitude fotocopia compulsada do primeiro nomeamento como funcionario interino ou substituto.

2. Nas solicitudes deberanse consigna-los centros ou localidades que se solicitan por orde de preferencia, cos números de código que figuran nos anexos da presente resolución.

Cando non exista concordancia entre os dous exemplares da solicitude de prazas, terá validez a que sexa obxecto de tratamento informático. Calquera erro no número de código determinará que se anule a petición, se non corresponde a ningún centro existente.

3. Cando se soliciten prazas de máis dunha especialidade, de acordo coas bases desta convocatoria, deberanse repeti-los códigos dos centros ou localidades nos que se desexe obter praza, indicando no recadro da dereita da instancia o código da especialidade.

Décimo sétima.

1. Non poderán participar no presente concurso os profesores que teñan concedida unha comisión de servicios ou unha adscrición a un posto de traballo para o curso académico 1999/2000.

2. Aqueles profesores ós que, participando no concurso convocado pola presente resolución, se lles conceda posteriormente unha comisión de servicios ou adscrición deberán remitir renuncia ó concurso, dirixida á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo oitava.

A solicitude realizada conforme a esta resolución será válida para os cursos académicos vindeiros, agás que o interesado desexe modifica-la orde de petición de centros.

Décimo novena.

1. O día 20 de xullo de 1999, a Dirección Xeral de Persoal procederá a publica-las relacións de persoal, por especialidades e orde de adxudicación de prazas nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos centros educativos que a continuación se indican:

A CoruñaIES Eusebio da GuardaIES Fdo. Wirtz

Santiago de C.IES Rosalía de CastroIES Monte de Conxo

FerrolIES Sofía CasanovaIES de Caranza

LugoIES N. Sra. dos Ollos GrandesIES Nº 1

BurelaIES Monte Castelo

Monforte de LemosIES Río Cabe

OurenseIES Eduardo Blanco AmorIES A Carballeira

Barco de ValdeorrasIES Laura Olmo

PontevedraIES Valle InclánIESFrei Martín Sarmiento

VigoIES Sto. Tomé do FreixeiroIES Nº 1

2. Publicadas as relacións de persoal, ábrese un prazo de dez días naturais para presentar reclamacións.

3. Resoltas as reclamacións, a Dirección Xeral de Persoal procederá á adxudicación das prazas e a facer pública a resolución provisional do concurso nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4. Os concursantes poderán presentar reclamacións á resolución provisional, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais, no prazo de tres días naturais a partir da súa exposición.

5. Resoltas as incidencias ás que se refire o punto anterior procederase a elevar a definitiva a resolución provisional e a súa publicación na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais.

Vixésima.

O profesorado tomará posesión na unidade de persoal da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da provincia de destino, e incorporarase ó centro no prazo das corenta e oito horas seguintes á exposición da resolución definitiva do concurso.

Vixésimo primeira.

Os participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 15 de marzo de 1999, que non estean incluídos nas listas dos aspirantes que superaron estes nin nas letras d) ou e) da base segunda da presente resolución, poderán solicitar, segundo o modelo que se publica como anexo VI a súa inclusión nas relacións de aspirantes a desempeñar prazas de interinidades ou substitucións, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de aprobados, sempre que esten en posesión da titulación que se relaciona para cada especialidade no anexo VII. Estarán exceptuados deste requisito de titulación os aspirantes que superen o primeiro dos exercicios da fase de oposición a partir da convocatoria realizada pola Orde do 15 de marzo de 1999. Para tales efectos deberán xuntar fotocopia compulsada do título académico alegado.

Este colectivo ordenarase para efectos de prioridade na elección por especialidades e dentro de cada especialidade por bloques, de acordo co número de exercicios superados; dentro destes bloques, pola puntuación resultante da fase de concurso e oposición, unha vez realizada a ponderación prevista no Real decreto 850/1993, do 4 de xuño.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 1999.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO V

Don/a

co DNI e domicilio para efectos de notificación na rúa

CP............... Localidade Provincia Teléfono

Expón que de conformidade coa resolución da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 31 de maio de 1999, solicitou praza como

0 Interino

no corpo de, especialidade de

0 Substituto

Que superou o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario/profesores técnicos de formación profesional/profesores de escolas oficiais de idiomas/profesores de música e artes escénicas (rísquese os corpos que non procedan) convocado pola Orde do 15 de marzo de 1999 na especialidade de............................................, polo que solicita que a súa petición sexa tramitada conforme a base décimo quinta da resolución mencionada.

........................................, ....... de........................ de 1999.

Asdo.:

Director Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO VI

Don/a

co DNI e domicilio para efectos de notificación na rúa

CP............... Localidade Provincia Teléfono

Solicita ser incluído na relación de aspirantes para desempeñar prazas de interinidades ou substitucións de ensino secundario/profesores técnicos de formación profesional/profesores de escolas oficiais de idiomas/profesores de música e artes escénicas (rísquese o corpo que non proceda) na especialidade de...................................................... e superando no procedemento selectivo convocado pola Orde do 15 de marzo de 1999 o.................. exercicio.

........................................, ....... de........................ de 1999.

Asdo.:

Director Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO VII

EspecialidadeTitulacións

Filosofía-Licenciado en filosofía.

Grego-Licenciado en filoloxía clásica.

Latín-Licenciado en filoloxía clásica.

Lingua castelá e literatura-Licenciado en filoloxía hispánica.

Matemáticas-Licenciado en matemáticas.

Bioloxía e xeoloxía-Licenciado en bioloxía ou xeoloxía.

Debuxo-Arquitecto.
-Licenciado en belas artes.
-Enxeñeiro.

Francés-Licenciado en filoloxía francesa.

Música-Título superior de música ou equivalente, segundo o Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo.
-Licenciado en xeografía e historia, especialidade musicoloxía.

Educación física-Licenciado en educación física.

Psicoloxía e pedagoxía-Licenciado en:
* Psicoloxía.
* Filosofía e ciencias da educación (especialidades psicoloxía ou ciencias da educación).
* Filosofía e letras (especialidades pedagoxía ou psicoloxía).
* Psicopedagoxía.
-Diplomados nas escolas universitarias de psicoloxía ata 1974.

EspecialidadeTitulacións

Tecnoloxía-Enxeñeiro.
-Arquitecto.
-Licenciado en:
* Ciencias físicas.
* Ciencias químicas.
* Ciencias.
-Enxeñeiro técnico.
-Arquitécto técnico.

Lingua e literatura galega-Licenciado en filoloxía galaico-portuguesa.

Construccións civís e edificacións-Enxeñeiro industrial.
-Enxeñeiro de camiños, canais e portos.
-Arquitecto.
-Arquitecto técnico en execución de obras.
-Enxeñeiro técnico en:
* Construccións civís.
* Hidroloxía.
* Transportes e servicios urbanos.

Formación e orientación laboral-Licenciado en:
* Ciencias económicas.
* Ciencias empresariais.
* Dereito.
* Psicoloxía.
* Socioloxía.
-Diplomado en:
* Ciencias empresariais.
* Relacións laborais.
* Traballo social.

* Educación social.

EspecialidadeTitulacións

Informática-Diplomado en estatística.
-Enxeñeiro técnico en:
* Informática de xestión.
* Informática de sistemas.
-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas.

Intervención sociocomunitaria-Licenciado en:
* Pedagoxía.
* Psicoloxía.
* Socioloxía.
* Psicopedagoxía.
* Mestre en tódalas súas especialidades.

Organización e procesos de mantemento de vehículos-Diplomado en:

* Navegación marítima.

* Radioelectrónica naval.
* Máquinas navais.
-Enxeñeiro técnico:
* Aeronáutico, en tódalas súas especialidades.
* Agrícola, en tódalas súas especialidades.
* Forestal, en tódalas súas especiailidades.
* Minas, en tódalas súas especialidades.
* Naval, en tódalas súas especialidades.
* Obras públicas, en tódalas súas especialidades.
* Industrial, en tódalas súas especialidades.
-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas.

Organización e proxectos de fabricación mecánica-Enxeñeiro técnico:

* Industrial, en tódalas súas especialidades.

* Minas, en tódalas súas especialidades.
* Deseño industrial, en tódalas súas especialidades.
* Aeronáutico, especialidade en aeronaves e especialidade en equipos e materiais aeroespaciais.
* Naval, especialidade en estructuras marinas.
* Agrícola, especialidade en explotacións agropecuarias, especialidade en industrias agrarias e alimentarias, especialidade en mecanización e construccións rurais.
* Obras públicas, especialidade en construccións civís.
* Diplomado en máquinas navais.
-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas.

Procesos de producción agraria-Enxeñeiro técnico:
* Agrícola en tódalas súas especialidades.
* Forestal, en tódalas súas especialidades.
-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas.

Sistemas electrónicos-Diplomado en radioelectrónica naval.
-Enxeñeiro técnico en:
* Aeronáutica (especialidade aeronavegación).
* Informática de sistemas.
* Industrial (especialidade electricidade ou electrónica industrial).
* Telecomunicacións.
-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas.
-Licenciado en físicas (especialidade electrónica).

Sistemas electrotécnicos e automáticos-Diplomado en radioelectrónica naval.-Enxeñeiro técnico en:
* Aeronáutica (especialidade de aeronavegación).
* Informática de sistemas.
* Industrial (especialidade electricidade ou electrónica industrial).
* Telecomunicacións, en tódalas súas especialidades.
-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas.

Cociña e pastelería-Técnico especialista en hostalería.
-Técnico superior en restauración.

Instalacións electrotécnicas-Diplomado en radiolectrónica naval.
-Enxeñeiro técnico en:
* Aeronáutica (especialidade aeronavegación).
* Informática de sistemas.
* Industrial (especialidade electricidade ou electrónica industrial).
* Telecomunicacións.
-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas.

EspecialidadeTitulacións

Soldadura-Técnico superior en construccións metálicas.
-Técnico especialista en:
* Construccións metálicas.
* Soldadura.
* Fabricación soldada.
* Caldeirería e chapa estructural.

Alemán-Licenciado en filoloxía alemana.

Portugués-Licenciado en filoloxía portuguesa.

Frauta travesa-Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade.

Música de cámara-Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade.

Percusión-Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade.

Piano-Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade.

Saxofón-Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade.

Trombón-Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade.

Trompa-Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade.

Trompeta-Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade.

Viola-Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade.

Violín-Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade.