Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 17 de xuño de 1999 Páx. 7.658

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de maio de 1999 pola que se autoriza o cambio de denominación do instituto de educación secundaria número 2 de Ourense.

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do Decreto 374/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9-8-1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Código do centro: 32016765.

Denominación: instituto de educación secundaria número 2.

Nova denominación: instituto de educación secundaria Portovello.