Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.607

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 20 de maio de 1999 pola que se fixa o prazo de venda ó público de diversas publicacións.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta cosnellería

DISPÓN:

Artigo único

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluido.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1999.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

-De Re Phrenopática y otros artículos: 2.699 pesetas (16,22 euros).

-Notas técnicas sobre la CIE-9-MC 4ª edición en castelán: 2.200 pesetas (13,22 euros).