Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.606

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1999 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 486/1998, do 16 de setembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo 01/000164/1995, interposto pola Asociación Profesional de Veterinarios de Galicia, contra o Decreto 390/1994, do 23 de decembro, polo que se regula a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo pertencentes ós servicios veterinarios oficiais, mentres non se cubran con carácter definitivo, dictouse a sentencia 486/1998, do 16 de setembro, pola que se estima o dito recurso, e é declarada firme pola sala.

Polo tanto, en cumprimento do disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo,

reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, co fin de levar a puro e debido efecto á parte dispositiva da dita sentencia, a Consellería da Presidencia e Administración Pública resolve dar publicidade á parte dispositiva da sentencia nº486/1998, do 16 de setembro, que a seguir se transcribe:

«Decidimos que debemos estimar e estimámolo recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación Profesional de Veterinarios de Galicia e, en consecuencia, declaramos nulo, por ser contrario ó ordenamento xurídico, o Decreto 390/1994, do 23 de decembre, da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, pola que se regula a cobertura, con carácter temporal, dos postos de traballo pertencentes ós servicios veterinarios oficiais mentres non se cubran con carácter definitivo, condenando á dita consellería a estar e a pasar por tal pronunciamento e a cumprilo; sen facer imposición de costas».

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública