Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 7 de xuño de 1999, o proxecto de urbanización de desenvolvemento do plan especial de infraestructuras varias para o trazado das rúas nº 4 (tramo I) e nº 18, en aplicación do disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo o expediente poderá ser examinado polos interesados na secretaría deste concello para formularen as alegacións ou reclamacións que consideren pertinentes.

Boiro, 8 de xuño de 1999.

Jesús Alonso

Alcalde