Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día catro de xuño de 1999, acordou aproba-lo proxecto de obra denominado Centro Social de Sendelle, redactado polo arquitecto técnico, José Ángel Santos Ferro, cun orzamento de execución por contrata de 11.499.541 ptas. Así mesmo, a corporación acorda proceder á contratación das obras, mediante poxa con procedemento aberto e trámite de urxencia, de acordo coas cláusulas administrativas aprobadas por este concello, en sesión que tivo lugar o día 26 de decembro de 1995 (BOP do 31 de xaneiro de 1996).

1. Tipo de licitación: 11.499.541 ptas.

2. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

3. Fianzas: provisional: 229.991 ptas. Definitiva: 459.982 ptas.

4. Apertura de proposicións: terá lugar ás 12 horas do día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións; se cadrase en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

5. Pregos de cláusulas administrativas: as aprobadas polo Concello de Boimorto, publicadas no BOP do 31 de xaneiro de 1996.

6. Modelo de proposición:

Don/a ..., con domicilio en ..., Concello de ..., CP ..., provisto/a do DNI (pasaporte ou documento que o substitúa) nº ..., actuando en nome propio (ou en representación de ...), tomo parte na poxa para a adxudicación das obras comprendidas no proxecto ..., para o cal fago constar:

1º. Que ofrezo o prezo de ... ptas. (en letra e número), IVE incluído, que significa unha baixa de ... ptas. (en letra e número), en relación co tipo de licitación.

2º. Que coñezo e acepto as obrigas derivadas dos pregos de condicións deste contrato.

3º. Que achego a documentación esixida no prego de condicións.

En ..., o ... de ... de ...

O licitador (asinado e rubricado).

7. Documentación: a esixida na cláusula 7ª do prego de cláusulas.

Boimorto, 4 de xuño de 1999.

O alcalde

Rubricado