Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 14 de xuño de 1999 Páx. 7.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Sueros de Galicia, S.A., no municipio de Touro, provincia da Coruña. (Expediente c/18245).

Examinado o expediente intruído por instancia da empresa Sueros de Galicia, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Lg. Cebreiro, O Pino, 15621 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-Con data 15 de abril de 1998, a planta de coxeración de enerxía eléctrica prevista pola empresa Sueros de Galicia, S.A. foi incluída no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras

abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, dictada en desenvolvemento da Lei 82/1980, do 30 de decembro, sobre conservación de enerxía.

Segundo.-As características básicas da planta de coxeración prevista serán as seguintes:

Tres motores de combustión interna alimentados con fuel óleo pesado cunha potencia de 3.250 kW cada un.

Tres xeradores síncronos cunha potencia nominal de 4.246 kVA cada un.

Un centro de transformación con relación de transformación 20/6,6 kV.

Aparellos eléctricos de protección, mando, sinalización e medida.

Terceiro.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 10 de febreiro de 1998 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 17-4-1998 e no BOP da Coruña do 28-2-1998, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Carto.-Sobre o proxecto emitiu informe favorable a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña e cumpre coas exixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Sueros de Galicia, S.A., que se vai situar nas súas instalacións do termo municipal de Touro, na provincia da Coruña.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

O promotor presentará ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así coma o punto de interconexión.

Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberáa inscribir no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 11 do R.D. 2366/1994, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección xeral de Industria.

Contra esta resolución, que no é definitiva en vía administrativa, poderase intepóñer recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria