Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 11 de maio de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio dun parque de cultivo.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 56 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularide da concesión ó establecemento que se relaciona a continuación:

Situación do parque: estanque, entre Escofiños e a Illa das Ratas. Campelo-Poio.

Cultivo: ameixa fina (ruditapes decussata) e ameixa babosa (venerupis pullastra).

Data de concesión: 16-10-1975 (BOE nº 279).

Data do remate da concesión: 29-7-2018.

Anterior concesionario: Francisco Fernández Pérez.

Novo titular concesión: José Benito Fernández Carballa.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 11 de maio de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, do 10 xullo)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo