Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de maio de 1999 pola que se aproban os cambios de dominio das bateas A-1 (Redondela E-3), A.A. número 14 (Vigo A-17), Fontán número 1 (Vigo A-26), Mella número 1 (Vigo A-13), Aferróns número 2 (Cangas D-45), Isaac (Cangas D-43) e Salmar número 2 (Cangas D-40).

Vistos os expedientes de cambio de dominio que a continuación se mencionan, instruídos para efectos de transmisión das concesións administrativas pertinentes e dos establecementos que as amparan; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista dos informes favorables do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade das concesións e establecementos que se relacionan a continuación:

Denominación da batea: A-1.

Cultivo: mexillón (Mytilus Galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 3, Redondela E.

Data da concesión: 3-10-1973.

Data do remate da última prórroga: 26-6-2002.

Anteriores concesionarios: Paulino García Canda (76.790.309W) e Blanca Cortegoso Ríos (35.233.191C).

Novo titular da concesión: Mejillones Paulino, S.L. (B36.328.029).

Denominación da batea: A.A nº 14.

Cultivo: mexillón (Mytilus Galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 17, Vigo A.

Data da concesión: 25-11-1964 (BOE nº 294).

Data do remate da última prórroga: 8-12-2004.

Anteriores concesionarios: Paulino García Canda (76.790.309W) e Blanca Cortegoso Ríos (35.233.191C).

Novo titular da concesión: Mejillones Paulino, S.L. (B36.328.029).

Denominación da batea: Fontán nº 1.

Cultivo: mexillón (Mytilus Galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 26, Vigo A.

Data de concesión: 27-1-1966 (BOE nº 36).

Data do remate da última prórroga: 11-2-2006.

Anteriores concesionarios: Paulino García Canda (76.790.309W) e Blanca Cortegoso Ríos (35.233.191C).

Novo titular da concesión: Mejillones Paulino, S.L. (B36.328.029).

Denominación da batea: Mella nº 1.

Cultivo: mexillón (Mytilus Galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 13, Vigo A.

Data da concesión: 27-1-1966 (BOE nº 36).

Data do remate da última prórroga: 11-2-2006.

Anteriores concesionarios: Paulino García Canda (76.790.309W) e Blanca Cortegoso Ríos (35.233.191C).

Novo titular da concesión: Mejillones Paulino, S.L. (B36.328.029).

Denominación da batea: Aferróns nº 2.

Cultivo: mexillón (Mytilus Galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 45, Cangas D.

Data de concesión: 12-6-1959 (BOE nº 149).

Data do remate da última prórroga: 23-6-2004.

Anteriores concesionarios: Paulino García Canda (76.790.309W) e Blanca Cortegoso Ríos (35.233.191C).

Novo titular da concesión: Mejillones Paulino, S.L. (B36.328.029).

Denominación da batea: Isaac.

Cultivo: mexillón (Mytilus Galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 43, Cangas D.

Data da concesión: 6-4-1987 (DOG nº 92).

Data do remate da última prórroga: 18-5-2007.

Anteriores concesionarios: Paulino García Canda (76.790.309W) e Blanca Cortegoso Ríos (35.233.191C).

Novo titular da concesión: Mejillones Paulino, S.L. (B36.328.029).

Denominación da batea: Salmar nº 2.

Cultivo: mexillón (Mytilus Galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 40, Cangas D.

Data de concesión: 6-11-1959 (BOE nº 275).

Data do remate da última prórroga: 17-11-2004.

Anteriores concesionarios: Paulino García Canda (76.790.309W) e Blanca Cortegoso Ríos (35.233.191C).

Novo titular da concesión: Mejillones Paulino, S.L. (B36.328.029).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 7 de maio de 1999.

P.D. (Orde do 27-6-1990, DOG Nº 134 do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo