Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.380

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos de procedemento abreviado 431/99-1 e 432/99-II, interpostos respectivamente por Roberto Carrodeguas Vilar e Teresa de Jesús Brito Alvarado.

Recibidas providencias do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, pola que se reclama o expediente relativo ós recursos contencioso-administrativos de procedemento abreviado 431/99-1 e 432/99-II, interpostos respectivamente por Roberto Carrodeguas Vilar e Teresa de Jesús Brito Alvarado contra a Resolución do 5 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

A Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a remisión do citado expediente administrativo ó referido órgano xudicial, o que se notifica para un xeral coñecemenento do tódalas persoas interesadas nos procedementos referidos e emprázanse para que poidan comparecer como parte ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1999.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local