Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 10 de xuño de 1999 Páx. 7.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo, de contratación, mediante concurso, para a subministración de vestiario para o persoal deste organismo autónomo municipal.

1. Entidade adxudicante.

Organismo: Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo.

Dependencia: Administración.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: contratación mediante concurso para a subministración de vestiario para o persoal do Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo.

Lotes: non.

Lugar: Vigo (Pontevedra).

Prazo: 1 ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 3.000.000 de pesetas/ano.

5. Obtención de documentación e información: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n. 36202 Vigo. Teléfono: 986 26 77 83 ou 26 77 84.

Data límite para solicitar documentación: ata o día da finalización do prazo de presentación de proposicións.

6. Presentación de ofertas: trece días naturais a partir da publicación do último dos anuncios no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula XI do prego de condicións.

7. Apertura de ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: Concello de Vigo, praza do Rei, s/n. (Vigo). Teléfonos: 986 26 77 83 ou 986 26 77 84.

Data e hora: ás 12 horas do día seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula XVII do prego de condicións.

9. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 10 de maio de 1999.

Manuel Rodríguez López

Presidente do Organismo Autónomo Vigo-Zoo.