Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 10 de xuño de 1999 Páx. 7.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva dun estudio de detalle da avenida da Florida, 23-25 e na rúa José Mato, 10 (expediente 4939/411).

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 15 de abril de 1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle do soar sito entre a avenida da Florida nº 23-25 e a rúa José Mato 10, formulado pola entidade Grupo Oito-Un, S.L., redactado polos arquitectos Santiago Castro Paz e Antonio José Abal Medina e visado polo COAG coa data do 10 de decembro de 1998, de conformidade coa documentación da súa aprobación inicial.

Así mesmo, este anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 3 de maio de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo