Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 10 de xuño de 1999 Páx. 7.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Alcaldía Presidencia, con data do 27 de maio deste ano, resolveu:

1. Non entrar a considera-las alegacións presentadas por María Dolores Vega Vizcaya en relación coa superficie do soar nº 24 da rúa Camiño do Pinar e por Antonio Pérez Costa en relación coa titularidade da parcela catastral nº 6818316, por non ser temas obxecto do expediente que agora se tramita.

2. Aprobar definitivamente a modificación da delimitación do polígono E6.01 do documento de revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, excluíndo desta un total de 56,10 m da seguinte forma:

20,5 m correspondentes ó nº 41 da Avda. do Peruleiro.

23,85 m correspondentes ó nº 16 da rúa do Pinar.

11,75 m correspondentes ó nº 47 da Avda. do Peruleiro,

e incluíndo dentro do polígono 43 m correspondente o nº 47 da Avda. do Peruleiro e 0,65 m da rúa do Pinar, o que supón unha reducción na superficie total do polígono de 12,45 m.

O que se publica, significando que contra a resolución que se traslada cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou a resolución, no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 2 de xuño de 1999.

Alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda