Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 10 de xuño de 1999 Páx. 7.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1999, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, polo que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante o concurso público 3/1999, da subministración de implantes ortoprotésicos para o Servicio de Traumatoloxía deste hospital.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, da adquisición de implantes ortoprotésicos para o Servicio de Traumatoloxía do Hospital Comarcal Valdeorras.

Obxecto e orzamento: a adquisición de implantes ortroprotésicos para o Servicio de Traumatoloxía do Hospital Comarcal Valdeorras por un orzamento máximo de 35.435.000 ptas. (212.968,639 euros) IVE incluído.

Prazo de entrega: o material obxecto deste concurso público deberá ser entregado, a primeira entrega ós quince días da adxudicación e o resto segundo as necesidades comunicadas polo Servicio de Subministracións do Centro.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderá ser solicitada no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa nº 50 do Barco de Valdeorras (Código postal 32300) Teléfono: 988 33 90 05.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de setecentas oito mil setecentas pesetas (708.700 ptas., 4.259,373 euros), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As ditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (en adiante, LCAP).

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II do prego.

Clasificación: non se precisa.

Criterios de adxudicación:

-Prezo: ata 40 puntos.

-Características e tecnoloxía: ata 40 puntos.

-Servicio e celeridade na subministración: ata 20 puntos.

Admisión de variantes: os licitadores poderán introducir nas súas proposicións varias alternativas, que co mesmo ou distinto prezo, pero sempre igual ou inferior ó orzamento de licitación incorporen, para a prestación da subministración, solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnica, nos artigos e especificacións que expresamente se admita nas citadas prescricións.

O licitador que utilice esta posibilidade aterase ás instruccións seguintes:

-Deberá incluír no sobre B1, dedicado á oferta económica, tantas alternativas como presente.

-No sobre B2, dedicado á oferta técnica, incluirá, ademais dos documentos requiridos, a descrición das variantes propostas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do

seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se poderán presentar por correo, dirixidas ó órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposición terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 7 de maio de 1999.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras