Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 10 de xuño de 1999 Páx. 7.302

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 5 de maio de 1999 pola que se convocan os premios Bandeira Verde de Galicia 1999.

Advertido erro en texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 89, do 11 de maio de 1999, cómpre face-la seguinte corrección:

No artigo 5º.-Xurado e concesión dos premios, onde di: «Vocais: o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural...», debe dicir: «Vocais: o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, o director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, o director da Escola de Enxeñeiros de Montes, ou persoas nas que deleguen respectivamente...».