Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

De conformidade co acordado polo Pleno municipal, na sesión do 29 de abril de 1999, convócase concurso-oposición libre para a provisión dunha praza de auxiliar de contabilidade e oficinas neste concello, con suxeición ás seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, mediante concurso-oposición libre, dunha praza auxiliar de contabilidade e oficinas. A praza está incluída no cadro laboral de postos de traballo, correspondente á oferta de emprego público de 1998, publicada no BOE do 16 de setembro do mesmo ano.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

Para seren admitidos ás probas selectivas, os aspirantes deben reuni-los seguintes requisitos referidos á data na que remate o prazo de presentación de instancias:

a) Ser español ou membro dun país da Unión Europea, de conformidade coa lexislación vixente.

b) Ter cumpridos dezoito anos de idade e non exceder de 55 anos.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida ou sexa incompatible co desempeño das funcións ou tarefas da praza.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

f) En todo caso, o aspirante que ingrese en virtude desta convocatoria quedará obrigado a presta-los servicios na xornada de traballo única ou partida que

acorde o concello, así como os servicios ou cometidos similares ó da praza, sempre de acordo coas normas xerais que se adopten, sen discriminación, para o cometido da praza.

Terceira.-Solicitudes.

As instancias polas que se solicita participar nas probas selectivas dirixiránselle ó alcalde e presentaranse no rexistro xeral do concello, durante o prazo dos vinte días naturais seguintes ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, en modelo oficial que se facilitará nas oficinas do concello. Previamente, publicaranse as bases íntegras no BOP e no DOG.

Nas instancias farase constar expresamente que o solicitante reúne todos e cada un dos requisitos esixidos na base segunda da convocatoria.

Así mesmo, xunto coa instancia, presentarán relación circunstanciada dos méritos que aleguen para a fase de concurso, uníndolle á referida relación os documentos acreditativos dos méritos alegados, en orixinais ou fotocopias validadas, pois non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles que non queden debidamente acreditados en tódolos seus puntos, no momento da presentación da instancia, agás nos servicios prestados neste concello, que serán certificados polo secretario, sempre que sexan alegados e cuantificados polos aspirantes nas solicitudes.

As solicitudes poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Os dereitos de exame fíxanse na cifra de 1.000 ptas. debendo, así mesmo, xuntar coa instancia o resgardo de os teren ingresados.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a presidencia da Corporación aprobará mediante resolución a lista de admitidos e excluídos, e a designación do tribunal avaliddor, resolución que será publicada no BOP e no taboleiro de edictos do concello, para alegacións ou reclamacións, podendo os interesados rectifica-los erros ou reparos que poidan existir nos dez días hábiles seguintes. Se houbese reclamacións ou alegacións, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista defintiva, que será, así mesmo, publicada na forma indicada.

Na mesma resolución, o alcalde determinará o lugar, hora e data do comezo dos exercicios e a composición do tribunal cualificador.

A publicación da devandita resolución no BOP será determinante nos prazos de posibles impugnacións, recusacións ou recursos, segundo a lei invocada.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgue as probas estará composto do seguinte modo:

Presidente: o da corporación ou concelleiro en quen delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

Vocais:

Un técnico designado pola alcaldía.

Un técnico designado pola deputación provincial.

Un representante do persoal do concello designado polos traballadores deste.

De cada un dos membros anteriores nomearanse tamén os correspondentes suplentes.

Os vocais deberán posuír titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal de conformidade co previsto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros titulares ou suplentes indistintamente. En todo caso, requírese a asistencia do presidente e do secretario ou das persoas nas que deleguen.

O tribunal, por maioría dos seus membros, poderá dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para as probas que consideren pertinentes. Os devanditos asesores colaborarán co órgano de selección exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas.

Os membros do tribunal deberán absterse cando concorran as circunstancias do artigo 28 da Lei 30/1992, sen prexuízo do dereito de recusación que poidan exerce-los aspirantes.

Sexta.-Comezo e desenvolvemento das probas.

As probas selectivas non poderán dar comezo ata que transcorran dous meses desde a data de publicación do extracto da convocatoraia no BOE. O día, hora e lugar do inicio de celebración dos exercicios anunciarase no BOP. A publicación dos sucesivos anuncios faraa o tribunal no taboleiro de anuncios do concello.

Desde a total conclusión dun exercicio ata o comezo do seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 72 horas, a non ser que tódolos que teñan que realiza-la respectiva proba, acepten a reducción deste prazo.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único.

Sétima.-Sistema de selección.

A selección farase mediante concurso-oposición libre.

A) Fase de concurso: na fase de concurso valoraranse os méritos alegados polos aspirantes, ata un máximo de 8 puntos, segundo o seguinte baremo:

1. Expereincia profesional: por cada ano, ou fracción que exceda de 6 meses, de servicios remunerados (figurando en nómina e Seguridade Social), prstados en posto de traballo de cometido relativo á contabilidade de entidades locais e traballos administrativos en aplicacións informáticas na administración local, 0,50 puntos, cun máximo de 3 puntos. Xustificarase coas certificacións das entidades correspondentes.

2. Coñecemento de lingua galega:

-Curso de iniciación: 0,50 puntos.

-Curso de perfeccionamento: 0,75 puntos.

-Curso básico: 1 punto.

-Diploma de traductor especialista en lingua administrativa galega: 1 punto.

Destes catro apartados só se puntuará o curso de maior titulación.

Xustificarase coa documentación expedida pola Xunta de Galicia.

3. Participación en cursos relacionados coa actividade administrativa en aplicacións informáticas, relativos a base de datos, follas de cálculo, réxime xurídico, procedemento administrativo das administracións públicas.

-Por cada curso de 40 horas ou máis: 2 puntos.

-Por cada curso de 20 horas ou máis e menos de 40 horas, 1 punto.

A puntuación máxima deste apartado será de 4 puntos.

Os xustificantes destes cursos deben estar expedidos pola Escola Galega de Administración Pública.

4. Por posuír título académico superior ó esixido, 1 punto.

Esta fase non terá carácter eliminatorio nin poderá computarse para supera-las probas da oposición.

B) Fase de oposición: consistirá na realización dos seguintes exercicios:

1. Teórico. Escrito. Tipo test. Contestación a 50 preguntas que se formularán, con respostas alternativas, sobre as materias do programa anexo. Tempo de 50 minutos, Puntuaranse positivamente as respostas acertadas e descontaranse as non acertadas. Non se puntuarán as deixadas en branco.

2. Práctico. Escrito. Desenvolvemento, no tempo máximo de 1 horas, dun ou dous supostos prácticos, sinalados polo tribunal, relativos a coñecementos prácticos de contabilidade municipal e manexo de material informático existente non concello. Valorarase a limpeza, exactitude e presentación do traballo, e a adecuación dos resultados á normativa vixente.

Oitava.-Cualificación.

Os exercicios 1 e 2 da fase de oposicón serán obrigatorios e eliminatorios. Cualificaranse ata un máximo de 10 puntos cada un deles, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos para superalos. O número de puntos que poderá outorgar cada membro do tribunal será de 0 a 10 puntos e a cualificación de cada aspirantes será o resultado de dividir polo número de compoñentes do tribunal a suma dos puntos obtidos.

A cualificación definitiva de concurso-oposición será o resultado de suma-las puntuacións outorgadas polo tribunal en cada un dos exercicios que compón a fase de oposición, maila puntuación resulante da fase de concurso.

Novena.-Relación de aprobados, presentación da documentación e nomeamento.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados, que non poderá ser superior ó número de prazas convocadas e elevará proposta, con carácter vinculante, xunto coa acta da última sesión, ó alcalde para que formule o nomeamento pertinente.

O aspirante proposto presentará, no prazo de 20 días naturais desde que se faga pública a relación de aprobados, os documentos acreditativos das condicións de capacidade e demais requisitos esixidos na base segunda desta convocatoria.

Quen dentro de prazo indicado, e agás casos de forza maior, non presentase a documentación, non poderá ser nomeado e quedarían anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidese incorrer por falsidade na súa solicitude.

Presentada a documentación regulamentaria formalizarase contrato laboral fixo co aspirante porposto, sinalándose o período de proba pertinente.

A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se derivasen desta e da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e formas previstas na Lei 30/1992.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presentasen e tomar-los acordos precisos para a boa fin do concurso-oposición.

Programa anexo

Tema 1. A Constitución española de 1978. Análise completa do seu contido.

Tema 2. O Estatuto de autonomía.

Tema 3. O procedemento administrativo: o seu significado. Fases do procedemento administrativo xeral.

Tema 4. A Administración local. concepto. Entidades que comprende. O réxime local español. Regulación xurídica.

Tema 5. O municipio: Concepto. Organización municipal. Competencias. O alcalde: elección, deberes e atribución. O pleno do Concello. A comisión de goberno.

Tema 6. Funcionamento dos órganos colexiados locais.Convocatoria da orde do día. Actas e certificados de acordos.

Tema 7. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 8. Recursos das facendas locais. Enumeración. Descrición.

Tema 9. Ordenanzas fiscais. Contido. Preparación e tramitación.

Tema 10. Taxas. Feito impoñible. Contido. Suxeito pasivo. Cota.

Tema 11. Prezos públicos. Suxeitos pasivos. Contía. Cobro.

Tema 12. Operacións tesourería. Modalidades. Tramitación.

Tema 13. Orzamentos locais: contido. Bases de execución.

Tema 14. Orzamentos locais: documentación. Formación e aprobación.

Tema 15. Clasificación económica e ingresos e gastos.

Tema 16. Clasificación funcional de gastos en concellos de máis de 5.000 habitantes.

Tema 17. Expedientes de modificación de créditos. Clases. Tramitación.

Tema 18. Créditos ampliables.

Tema 19. Expediente de xeración de créditos e transferencias.

Tema 20. Fases xestión do gasto. Definicións. Competencias.

Tema 21. Liquidación do orzamento.

Tema 22. Actas de arqueo. Composición.

Tema 23. Contabilización de ingresos.

Tema 24. Contabilización de gastos.

Tema 25. Libros de contabilidade principal. Descrición.

Tema 26. Documentos contables. Requisitos formais. Clases.

Tema 27. A tesourería das entidades locais. Funcións.

Tema 28. A intervención das entidades locais. Funcións.

Tema 29. Confección de nóminas e relación de facturas.

Tema 30. Contas de orde: avais, garantías, depósitos. Contabilización.

Tema 31. Reintegro de pagamentos e devolucións de ingresos. Contabilización.

Tema 32. Conta xeral. Documentos. Rendición de contas. Tramitación.

Tema 33. Anexo ós estados anuais da conta xeral. Enumeración. Descrición.

Tema 34. Balance de situación. Contido. Explicación.

Barbadás, 5 de maio de 1999.

O alcalde

Rubricado