Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 08 de xuño de 1999 Páx. 7.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/115-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: LL.MM.TT., CC.TT., RR.BB.TT. en Xesto e Godón.

Situación: Mazaricos.

Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56: de 289 m de lonxitude, con orixe na liña Lucín-Pino de Val (expediente 50308) e final en C.T. Xesto, que se vai instalar. De 365 m de lonxitude, con orixe na liña Lucín-Pino de Val (expediente 50308) e final en C.T. Godón, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie de 50 kVA/u e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Xesto e Godón, dos que parten redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.135 e 1.175 m de lonxitude respectivamente. Mazaricos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña