Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 08 de xuño de 1999 Páx. 7.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/103-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., CC.TT. e RR.BB.TT. en Moledo e Mirás.

Situación: Outes.

Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56: de 503 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 33 da liña Brión-Valadares (expediente 34838) e final en C.T. Moledo, que se vai instalar. De 416 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 33 da liña Brión-Valadares (expediente 34838) e final C.T. Mirás, que se vai instalar. Centros de transformación, tipo intemperie, en Moledo e Mirás, de 50 kVA/u e tensións de 20/0,380-0,220 kV, partindo redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 1.270 m de lonxitude desde o C.T. Moledo e de 505 m de lonxitude desde o C.T. Mirás. Outes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña