Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 08 de xuño de 1999 Páx. 7.153

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DO CARBALLIÑO

EDICTO de poxa (39/1998).

Eu, Denise Romero Barciela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un do Carballiño (Ourense).

Dou fe e fago saber que neste xulgado se tramita expediente para autorización xudicial do alleamento de bens do incapaz Esteban Rodríguez Ureña, tramitado baixo o número 39/1998, por instancia de José Luis Rodríguez Ureña, representado polo procurador José Prada Martínez, nos que se acordou sacar a poxa os bens que se dirán, polo tipo de valoración que así mesmo se expresa, sinalándose para a poxa o día 28 de xullo de 1999, ás 10.30 horas da mañá na sala de audiencia deste xulgado.

Se por forza maior non puidese celebrarse a poxa, realizarase o día seguinte hábil, exceptuando os sábados, á mesma hora e no mesmo lugar.

Na poxa servirá de tipo o prezo de valoración achegado ós autos polo perito taxador.

Non se admitirá oferta ningunha que non cubra o valor dos bens.

Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente na conta deste xulgado, no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., nº 3208000049003998 unha cantidade igual polo menos ó 20% do valor que sirva de tipo dos bens, non sendo admitidos sen ese requisito.

Poderanse facer ofertas en sobre pechado, desde o seu anuncio ata a súa celebración, facendo o depósito ó que se fixo mención anteriormente.

Os títulos da propiedade estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, onde poderán ser examinados por todos aqueles que queiran participar na poxa, prevíndoos de que deberán conformarse con eles e non terán dereito a ningún outro. Despois do remate non se admitirá ningunha reclamación por defecto ou insuficiencia dos títulos.

Bens obxecto de poxa.

1. Œ parte indivisa do piso segundo local nº 4 situado en r/ Xeneralísimo, Ordes (A Coruña). Destínase a vivenda e esta ten unha superficie útil duns corenta e sete metros cadrados. Linda oeste, fronte, rúa do Xeneralísimo, norte esquerda entrando no edificio, rúa da República Arxentina; sur, dereita, oco das escaleiras e resto do predio de Osvaldo e Germán Candal; leste ou costas, resto do predio de Osvaldo e Germán Candal. Ten unha cota de participación nos elementos comúns, beneficios e gastos de vinte centésimas. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 247, arquivo, libro 55, folio 72 volto, predio nº 6.091, inscrición primeira. Referencia catastral: 8596901 NH4689N0004 ZT.

Tipo de poxa: 1.800.000 ptas.

2. Metade indivisa do terreo en Ordes, barrio do Paraíso, no sitio de Fonte da Cabaza, que mide seis áreas e cinco centiáreas. Linda norte, Herminda Rodríguez Lagares e de Manuel Miras Mariño; sur de José Rodríguez Villaverde; leste, de José Silva Ríos e oeste, estrada de Ordes a Pontecarreira.

Tipo de poxa: 3.250.000 pesetas.

O Carballiño, 13 de maio de 1999.

Rubricado