Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 08 de xuño de 1999 Páx. 7.153

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (40/1999).

En providencia do día de hoxe, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 40/1999, que se seguen por estafa, cítase a Galaica Gas para que o próximo día 11 de xuño, ás 11 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á cele

bración do dito xuízo, en calidade de denunciada, baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado de acordo coa lei e de que recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito; se é parte poderá ser asistida por avogado e deberá acudir ó xuízo coas probas de que intenten valerse. E para que así conste e sirva de citación en forma a Galaica Gas, en paradoiro descoñecido.

Expido a presente cédula en Santiago de Compostela o 28 de maio de 1999.

A secretaria

Rubricado