Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 08 de xuño de 1999 Páx. 7.078

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1999, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000707/1999, interposto pola Federación Galega de Piragüismo.

Con data 7 de maio de 1999, o Comité Galego de Xustiza Deportiva recibe da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/0000707/1999 interposto pola Federación Galega de Piragüismo contra a resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva de data 22 de xaneiro de 1999 ó recurso número 544 sobre a anulación e o acordo de repetición do proceso electoral da dita federación.

En consecuencia, esta Secretaría Xeral para o Deporte acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan constituírse en autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública