Advertidos erros na citada orde publicada no DOG nº 90, do 12 de maio de 1999, cómpre efectua-las seguintes correccións:
Na páxina 5.688 na alínea 11, onde di: «Esta disposicióin ten», debe dicir: «Esta disposición ten».
Na mesma páxina, no segundo parágrafo, onde di: «A tramitación práctica dos libramentos de fondos a favor do Consello de Contas de Galicia vén realizando pola Consellería de Economía e Facenda», debe dicir: «A tramitación práctica dos libramentos de fondos a favor do Consello de Contas de Galicia vén sendo realizada pola Consellería de Economía e Facenda».
No parágrafo 5º, onde di: «-Garanti-la xestión contable propia do Consello de Contas, dentro da necesaria harmonización que leva a Consellería de Economía e Facenda», debe dicir: «-Garanti-la xestión contable propia do Consello de Contas, dentro da necesaria harmonización coa que leva a Consellería de Economía e Facenda».
No artigo único, número 4, onde di: «por medio da intervención do dito órgano estatutario, que deberá acompañar a cada solicitude de fondos.», debe dicir: «por medio da Intervención do dito órgano estatutario, que deberá acompañar a cada solicitude de fondos.».
No número 5, onde di: «O saldo de fondos dispoñibles co fin do exercicio», debe dicir: «O saldo de fondos dispoñibles ó fin do exercicio».
No mesmo número, onde di: «que coincidirá co saldo do concepto 31007», debe dicir: «que coincidirá co saldo do concepto 310007».