Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 07 de xuño de 1999 Páx. 7.060

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRABALLO E ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1999, da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social da Coruña, pola que se anuncia a convocatoria da primeria poxa pública para o alleamento dun inmoble, que pertence ó patrimonio da Seguridade Social, sito na rúa Emilia Pardo Bazán, 18-5º Dta. da Coruña.

O Ministerio de Traballo e Asuntos Socias, con data do 9-4-1999, autoriza a Tesourería Xeral da Seguridade Social, unha vez que esta acordou a súa venda e declarou o seu alleamento o día 16-2-1999, para allea-lo inmoble seguinte:

-Predio horizontal número nove, piso 5º dta. da casa número dezaoito da rúa Emilia Pardo Bazán da Coruña. É un local destinado a vivenda que ocupa unha parte do andar da súa situación, ó cal se chega desde a rúa a través do portal polas escaleiras e o ascensor. Ten unha superficie útil aproximada de 80,80mInscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña, no libro 1.007, folla 153, predio número 59.785, inscrición 1ª.

O tipo mínimo de licitación é de 15.515.689 pesetas (93.251,17 euros).

Farase esta primeira poxa de acordo co prego de condicións que terán á súa disposición os posibles licitadores na Dirección Provincial da Tesoureria Xeral da Seguridade Social, r/Pardo Bazán, 15-7º Esq. da Coruña.

O acto público desta primeira poxa terá lugar perante a mesa nomeada para isto, ás once horas do día 28-6-1999, na sala de xuntas da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social da Coruña, r/ Federico Tapia, 54-3º.

A Coruña, 7 de maio do 1999.

José Manuel Pombo Cortés

Director provincial da Tesourería Xeral

da Seguridade Social na Coruña