Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 07 de xuño de 1999 Páx. 7.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1999 pola que se anuncia concurso para a contratación de diversas obras.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, das seguintes obras:

1. C.P. PO-9405 Barrantes-Armenteira (Meis): 20.000.000.

2. C.P. PO-9402 Mosteiro-Barrantes (Meis): 30.000.000.

3. C.P. PO-9502 Sisán-Ponte Estacas (Ribadumia): 29.000.000.

4. Muro e reixa de cerramento exterior C.P. Príncipe Felipe: 18.883.320.

Fianzas: provisional do 2% para a obra nº 4. Definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo G, subgrupo 4, categoría c, para a obra nº 1; grupo G, subgrupo 4, categoría d, para as obras nº 2 e 3.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 27 de maio de 1999.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado