1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: campaña publicitaria de información sobre as denominacións de calidade dos productos agroalimentarios galegos e os seus consellos reguladores, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) División por lotes e número: un.
c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: ata o 30 de decembro de 1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: cento dez millóns de pesetas (110.000.000 de ptas.) (661.113,315 euros).
5. Garantías.
Provisional: dous millóns duascentas mil pesetas (2.200.000 ptas.) (13.222,266 euros).
Definitiva: catro millóns catrocentas mil pesetas (4.400.000 ptas.) (26.444,553 euros).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación (Subdirección Xeral de Comercialización Agroalimentaria) -Servicio de Promoción Agroalimentaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria).
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: 981 54 57 25.
e) Telefax: 981 54 57 35.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non é necesaria.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 21de xullo de 1999.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou por calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: 3 de agosto de 1999.
e) Hora: 13 horas.
10. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 1999.
P.D. (Orde 15-12-1997, DOG 243 do 17)
Ángel Bernardo Tahoces
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Gandería e Política Agroalimentaria