Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 07 de xuño de 1999 Páx. 7.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da asistencia técnica consistente na enquisa de prezos agrarios mensuais das provincias de Lugo e Ourense do ano 1999 e outra máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: enquisa de prezos agrarios mensuais das provincias de Lugo e Ourense do ano 1999 e outra máis.

b) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: lote 1: 11.390.000 ptas. (68.455,28 euros).

Lote 2: 2.500.000 ptas. (15.025,30 euros).

5. Garantías.

Provisional: exenta.

Definitiva: lote 1: 455.600 ptas. (2.783,21 euros).

Lote 2: 100.000 ptas. (601,01 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Estudios e Publicacións.

b) Domicilio: edificios administrativos San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfono: 981 54 66 90.

e) Telefax: 981 54 66 99.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: exenta.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 5 de xullo de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou por calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 13 de xullo de 1999.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG 243 de 17)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria