Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 07 de xuño de 1999 Páx. 7.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/131-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., Magdalena-porto vila.

Situación: Cedeira.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 1.370 m de lonxitude en conductor R.H.V. 240 mm Al, que parte da L.M.T. a C.T. Caixa de Aforros, C.T. Magdalena pasando polo C.T. vila e remate no C.T. porto. C.T. prefabricado no porto de 250 kVA. Concello de Cedeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña