Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra del Jallas, S.L.
Domicilio social: Praza da Constitución, 17. 15000 Cee.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Maroñas (Agra Nova).
Situación: Mazaricos.
Características técnicas: ramal L.M.T. aérea a 20 kV de 45 m, en conductor LA-56 que parte da L.M.T. Santo Tomás de Albite-Pino do Val e termo no C.T. Maroñas (Agra Nova) de 100 kVA e rede de baixa tensión de 865 m en R.Z. Concello de Mazaricos.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 28 de abril de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña