Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 07 de xuño de 1999 Páx. 7.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/96-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.L.

Domicilio social: Praza da Constitución, 17. 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S Fisterra I-L.M.T.A. Faro Fisterra.

Situación: Fisterra.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 495 m de lonxitude, en conductor R.H.V. 12/20 kV de 240 mm Al, que parte do C.T. Fisterra I e final no paso aéreo-subterráneo da L.M.T. ó Faro de Fisterra no lugar de Insua. Concello de Fisterra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4671