Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 07 de xuño de 1999 Páx. 7.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/95-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 17. 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Vilar de Outes.

Situación: Outes.

Características técnicas: ramal L.M.T. a 20 kV de 12 m en conductor LA-56, que parte da L.M.T. ó C.T. Outes III e final no C.T. Vilar de Outes de 100 kVA e R.B.T. de 565 m en conductor R.Z. Concello de Outes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4673