Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 07 de xuño de 1999 Páx. 7.043

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de requirimento (23/1999-M).

En virtude de resolución dictada en executoria de faltas número 23/1999, dimanante do xuízo de faltas número 336/1999, sobre unha falta en ameazas, acordouse o requirimento de Jesús Calvo Pardiñas, para que faga efectiva a pena de multa que lle foi imposta de quince días, fixando o importe de cota diaria da pena de multa na contía de dúas mil pesetas e o pagamento das custas procesuais.

E para que así conste e lle sirva de requirimento en forma a Jesús Calvo Pardiñas, en paradoiro descoñecido, expido esta cédula en Carballo, o seis de maio de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado