Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 07 de xuño de 1999 Páx. 7.035

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1999 pola que se fai pública a convocatoria do concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

O pacto subscrito pola administración sanitaria coas centrais sindicais UGT, CEMS-SATSE, CC.OO, CIG e CSI-CSIF publicado no DOG nº 132, do 10 de xullo de 1998, recolle o Plan de Provisión e Selec

ción de Diversas Categorías de Persoal Estatutario das Institucións Sanitarias do Sergas.

O referido plan estructúrase en tres procesos de selección e provisión que se van executar no horizonte temporal de 1998, 1999 e 2000.

Así, por Resolución do 9 de xullo de 1998 convocouse concurso de traslados que foi resolto o 9 de decembro de 1998 (DOG nº 241, do 15 de decembro).

Con base no pacto anterior e no Decreto 309/1998, do 6 de novembro, no que se regulan os procesos de selección para o acceso a prazas de diversas categorías de persoal estatutario, convócase concurso-oposición para a cobertura de 1.246 prazas, que abranguen a oferta de emprego correspondente ó ano 1998 (resolución da División de Recursos Humanos do Sergas do 28 de decembro, DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999). Así mesmo prevese no plan no seu punto sétimo, a provisión por concurso de traslados do 50% das prazas vacantes, que inclúe as prazas consideradas como vacantes no 31 de decembro de 1998, ocupadas ou non con persoal con vínculo temporal ou en situación de provisionalidade, cun número garantido de 1.246.

Unha e outra das convocatorias anteriores son complementarias, non só no que respecta ás prazas senón tamén na simultaneidade da súa resolución.

Por todo o anterior, as prazas obxecto da presente convocatoria inclúen como mínimo o 50% aludido en cada categoría, agás na de persoal de servicios xerais e na de hixienistas dentais por mor de ser esta a primeira oferta de emprego que se formaliza nestas categorías.

As categorías que non foron convocadas para o seu acceso por concurso-oposición con base no disposto no artigo 3 e disposición adicional do Decreto 309/1998, e que nesta convocatoria se lle oferta mobilidade por concurso, ten a súa orixe na obrigatoriedade que se deriva das situacións de reingreso provisional ou da necesidade de permitir mobilidade de profesionais das categorías que van ser obxecto de análise, desenvolvemento e, de se-lo caso, redefinición.

En consecuencia, acórdase a publicación da convocatoria para cubrir por concurso voluntario de traslados as prazas das categorías seguintes: axudante técnico sanitario/diplomado universitario en enfermería (ATS/DUE), matrona, fisioterapeuta, técnico especialista de laboratorio (TEL), técnico especialista en radiodiagnóstico (TER), técnico especialista en anatomía patolóxica (TEAP), auxiliar de enfermería, diplomado en logofonía e logopedia, grupo técnico da función administrativa-rama xurídica e rama económica-grupo de xestión da función administrativa, grupo administrativo, asistente social, grupo auxiliar da función administrativa, telefonista, celador, cociñeiro, pinche, electricista, mecánico, pasador de ferro, lavandeiro e limpador.

En virtude do artigo 19.2º do Decreto 49/1998 (DOG nº 33 do 18 de febreiro) da letra d) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), este centro directivo ten asignadas competencias delegadas para a convocatoria e reso

lución de concursos de traslados para a provisión de prazas das áreas de saúde, institucións e servicios sanitarios do Sergas.

É competente o Servicio Galego de Saúde, de acordo co disposto no artigo 15.8º a) da Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no artigo 7.2º d) da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Servicio Galego de Saúde, na súa redacción dada pola Lei 8/1991, do 23 de xullo; e logo de negociación na mesa sectorial de persoal sanitario,

RESOLVE:

Artigo único.-Dispoñe-la publicación da convocatoria do concurso voluntario de traslados para a provisión das prazas relacionadas no anexo III á presente resolución, correspondentes a institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, así como aproba-las bases e baremo de méritos que rexerán a convocatoria, contidos respectivamente nos anexo I e II desta resolución.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá formularse recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este centro directivo.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde

ANEXO I

Bases

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse, para a súa provisión por concurso de traslados, as prazas básicas vacantes do persoal estatutario do Sergas que se especifican para cada categoría no anexo III desta resolución, podendo solicitarse por orde de preferencia, parte delas ou a totalidade da categoría á que se concursa, sen prexuízo do disposto na base 2.5 respecto dos concursantes forzosos.

1.2. As prazas de atención especializada distribúense por centros ou complexos hospitalarios.

1.3. As prazas de atención primaria que se convocan, referidas ó persoal non sanitario e sanitario non facultativo, pertencen ós distintos centros de xestión de atención primaria existentes na Comunidade Autónoma galega, indicándose no anexo III entre paréntese cando o número de prazas ofertadas nunha localidade é maior de unha.

Os aspirantes ás prazas vacantes nos centros de xestión ós que se refire o parágrafo anterior, indicarán na súa solicitude o código da localidade ou localidades ás que opten, establecendo unha orde de preferencia. Os aspirantes que non soliciten alomenos unha localidade, quedarán automaticamente excluídos do concurso.

Así mesmo, soamente se lles adxudicarán ós aspirantes as prazas das localidades expresamente solicitadas, sen que caiba a posibilidade de adxudicación doutra praza dunha localidade que non estivese consignada na solicitude que se formule.

1.4. O concurso rexerase polas presentes bases e, no seu defecto, aplicarase o contido no capítulo II, sección primeira do Real decreto lei 1/1999, do 8 de xaneiro, sobre provisión de prazas en institucións sanitarias da Seguridade Social.

2. Requisitos que teñen que reuni-los concursantes.

2.1. Poderá participar neste concurso de traslados o persoal estatutario de igual categoría e fixo de cadro no Sistema Nacional de Saúde, que acredite esta condición no momento de presenta-la solicitude para concursar.

2.2. De conformidade co establecido na disposición adicional décimo segunda do Real decreto lei 1/1999, do 8 de xaneiro, o persoal estatutario fixo nas institucións sanitarias da Seguridade Social xestionadas polo Instituto Social da Mariña poderá participar neste concurso de traslados nas mesmas condicións e requisitos que o restante persoal estatutario.

2.3. Para o persoal do grupo técnico de función administrativa que accedeu á praza por concurso-oposición convocado por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño), nas modalidades xurídica ou económica, optará ás prazas convocadas neste concurso na modalidade obtida naquel. O persoal fixo de prazas do grupo técnico da función administrativa que non reúnan a condición anterior, deberán optar á modalidade que corresponda á súa titulación. No caso de non darse a exacta correspondencia entre a titulación e a modalidade, o aspirante optará por unha delas.

2.4. Os concursantes deberán estar nalgunha das seguintes situacións:

a) Servicio activo.

b) Reingreso provisional.

c) Excedencia con reserva de praza.

d) Excedencia voluntaria.

e) Excedencia por incompatibilidade.

2.5. De conformidade co establecido no dito Real decreto lei 1/1999, do 8 de xaneiro, ademais dos anteriores, serán requisitos para ser admitidos ó concurso:

a) Para o persoal en activo ou con reserva de praza: ter tomado posesión da praza desempeñada cun ano de antelación, como mínimo, ó remate do prazo de presentación de solicitudes para participar no presente concurso.

No caso do persoal pertencente a unha categoría que fora obxecto de modificación, o requisito do prazo dun ano entenderase cumprido, de reunilo na categoría orixinaria, independentemente do tempo que leve desempeñando a nova categoría.

b) Para o persoal en situación distinta á de activo e sen praza reservada: reuni-los requisitos legais e regulamentarios para incorporarse ó servicio activo

o último día do prazo de presentación de solicitudes para participar no presente concurso.

2.6. Considérase concursante forzoso, de conformidade co establecido na disposición adicional sexta do devandito Real decreto lei 1/1999, do 8 de xaneiro, ó persoal que con anterioridade á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, se toma posesión dunha praza no ámbito das institucións sanitarias dependentes do Sergas co carácter de reingreso provisional.

A consideración de concursante forzoso, levará aparellada a obriga de solicitar tódalas vacantes da categoría que se convoquen na área de saúde na que se encontra reingresado provisionalmente, sendo declarado de oficio, se non o fai, na situación de excedencia voluntaria.

Igualmente, se algún concursante que desempeñe unha praza en destino provisional na forma establecida nos parágrafos anteriores non obtivese praza no concurso, tendo cumprida a obriga establecida no parágrafo anterior, poderá optar por obter novo destino provisional nalgunha das prazas que resulten vacantes como consecuencia da súa resolución ou por pasar á situación de excedencia voluntaria.

2.7. Os requisitos esixidos para participar neste concurso deberán manterse ó longo de todo o proceso de execución que se entenderá concluído no momento da toma de posesión da nova praza adxudicada.

3. Orde de prelación para a adxudicación das prazas.

3.1. As prazas serán adxudicadas ós concursantes de acordo co baremo de méritos que se publica como anexo II desta resolución.

3.2. Non se adxudicarán neste concurso prazas por resultas.

3.3. No caso de empate resolverase a favor do concursante que leve máis tempo desempeñando efectivamente a praza desde a que concursa. De persisti-lo empate, resolverase a favor da mellor puntuación en cada un dos apartados do baremo e pola súa orde. De manterse o empate, resolverase a favor do concursante de maior idade.

4. Solicitudes.

4.1. Cada concursante deberá cubrir unha solicitude, axustándose necesariamente ó modelo que figura como anexo IV a esta resolución e respectando estrictamente a codificación que identifica a cada centro ou complexo hospitalario e a cada localidade nas diferentes xerencias de atención primaria. Serán desestimadas, sen máis trámite, as solicitudes que conteñan algunha emenda, marca ou riscadura, tanto na instancia como nalgunha das follas de petición de destinos ou no certificado ou en calquera dos documentos anexos a que fai referencia na base 5ª, sempre que non se encontren salvados baixo sinatura.

4.2. As solicitudes que deberán dirixirse á División de Recursos Humanos do Sergas (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela), poderán ser presentadas nos lugares e do xeito que determine a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, advertíndose que na folla ou follas, se é o caso, da solicitude de admisión

ó concurso de traslados debe figura-lo selo do rexistro, quedando os orixinais en poder da Administración e expedindo copia para os interesados.

4.3. O prazo de presentación da solicitude, á que deberá unirse necesariamente toda a documentación que se achegue, será dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

4.4. Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, non se admitirá nin a súa modificación nin a presentación de novos documentos.

4.5. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e ata a finalización do prazo de reclamacións contra a resolución provisional do concurso, os concursantes poderán desistir da súa solicitude. Os concursantes en situación de reingreso provisional que desistan da súa participación no concurso serán declarados de oficio en situación de excedencia voluntaria.

4.6. No que se refire ós servicios prestados, en tódolos puntos do baremo serán valorados unicamente os acreditados ata o día inmediato anterior, inclusive, ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

5. Documentación.

5.1. Tódolos concursantes, con carácter xeral, deberán presenta-la seguinte documentación:

a) Copia compulsada do seu nomeamento en propiedade na categoría.

b) Fotocopia do documento nacional de identidade.

c) Certificación orixinal expedida polo director de xestión do centro no que actualmente presta os seus servicios, conforme o modelo que se xunta como anexo V á presente resolución.

d) Copia compulsada, se é o caso, dos diplomas acreditativos de ter superados os cursos de coñecemento da lingua galega.

5.2. Ademais, o persoal en activo deberá presentar copia compulsada do seu último nomeamento (no suposto de non corresponder co seu nomeamento inicial na categoría).

5.3. O persoal en situación de excedencia presentará ademais copia compulsada da resolución que lla concedeu.

De tratarse de persoal en reingreso provisional, presentará copia compulsada da resolución pola que se autoriza o reingreso.

6. Resolución do concurso.

6.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes e á vista das prazas solicitadas polos concursantes, así como dos méritos alegados e acreditados, procederase á súa baremación.

6.2. Rematada a dita baremación, a División de Recursos Humanos do Sergas, aprobará a resolución provisional do concurso, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

6.3. De conformidade co establecido no artigo 18.2º do citado Real decreto lei 1/1999, os interesados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, para formular reclamacións contra a reso

lución provisional. As citadas reclamacións serán rexeitadas ou admitidas na resolución definitiva que será aprobada pola autoridade convocante e publicarase na mesma forma en que o foi a convocatoria do concurso. Esta publicación servirá de notificación ós interesados e, a partir dela, empezarán a contarse os prazos establecidos para que os organismos afectados efectúen as actuacións administrativas procedentes.

6.4. Conforme o establecido no artigo 18.4º do citado Real decreto lei 1/1999, as prazas adxudicadas definitivamente serán irrenunciables agás que, durante o prazo de toma de posesión se obtivera outro destino mediante convocatoria pública, caso no que o interesado poderá optar entre os postos que lle fosen adxudicados, estando obrigado a comunica-la opción realizada ós organismos convocantes dos concursos en que participase, dentro do prazo de tres días.

7. Efectos derivados do concurso.

7.1. Os concursantes que obteñan praza deberán cesar na que, se é o caso, desempeñan dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución definitiva. Non obstante, o xerente da institución, por necesidade do servicio, poderá ampliar este prazo ata un máximo de vinte días hábiles, comunicando tal decisión á institución na que se obtivera novo destino.

7.2. A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó do cesamento, se as prazas son da mesma localidade; no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta localidade e da mesma área de saúde; ou no prazo dun mes se pertencen a distinta localidade e área de saúde. Non disporán de ningún dos prazos posesorios sinalados aqueles adxudicatarios de praza no concurso que xa viñeran ocupando praza no mesmo centro de destino ou localidade, en virtude de comisión de servicios ou reingreso provisional.

7.3. No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión será dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da resolución definitiva do concurso.

7.4. O prazo de cesamento iniciarase cando finalice o permiso ou licencia que, se é o caso, fose concedido ó interesado, agás que por causas xustificadas se acorde suspende-lo seu desfrute.

7.5. Se así o permiten as necesidades do servicio e por petición do interesado, o prazo de toma de posesión poderá ser prorrogado por tempo non superior á metade da súa duración inicial.

7.6. Cando un concursante non tome posesión da súa nova praza dentro do prazo ou, se é o caso, da prórroga que pola súa petición motivada se lle tivera concedido, entenderase que renuncia a esta e causará baixa na súa categoría como persoal estatutario, agás que tal feito se produza por causas suficientemente xustificadas, así apreciadas, logo de audiencia do interesado, pola autoridade convocante. En tal caso, poderá deixarse sen efecto a devandita baixa, debendo incorporarse á nova praza tan

pronto como desaparezan os motivos que imposibilitaron a toma de posesión.

No suposto de que a autoridade convocante acorde a súa baixa na categoría de conformidade co establecido no parágrafo anterior, darase conta disto ós órganos centrais do Insalud e ós servicios de saúde das comunidades autónomas que teñen competencias transferidas na materia.

7.7. Os concursantes en situación de reingreso provisional que non obteñan praza poderán exerce-la opción a que se refire a base 2.5 da presente resolución.

7.8. Agás cando a resolución do concurso implique o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión e, se é o caso, a prórroga deste, terá a consideración de servicio activo, percibíndose os correspondentes haberes con cargo á praza do novo destino.

7.9. De conformidade co establecido no parágrafo segundo da disposición adicional cuarta do Real decreto lei 1/1999, do 9 de xaneiro, a toma de posesión da praza adxudicada, levará aparellado o cesamento do persoal estatutario temporal que, se é o caso, corresponda.

7.10. Esta convocatoria resolverase de modo simultáneo, en canto á toma de posesión dos novos destinos, respecto do proceso selectivo convocado por Resolución da División de Recursos Humanos do Sergas do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).

8. Normas derradeiras.

8.1. A comisión ou, se é o caso, comisións encargadas da baremación de méritos no presente concurso de traslados, serán nomeadas co ámbito que acorde a autoridade convocante. En tal comisión participará o representante que designen as organizacións sindicais asinantes do plan de selección e provisión.

Estas comisións terán a condición de primeira categoría para os efectos do disposto no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG nº 106, do 1 de xuño).

8.2. De conformidade co establecido no artigo 16.2º do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro das taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, serán gratuítas tódalas compulsas e certificacións que sexan expedidos polos distintos centros de gasto do Sergas ó persoal estatutario fixo que participe no concurso.

8.3. Os traslados derivados deste concurso teñen carácter voluntario.

8.4. O persoal pertencente á categoría de auxiliar de enfermería e todo o persoal non sanitario que a través do presente concurso obteña destino definitivo nun centro de atención primaria do Sergas quedará suxeito á ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia que resulte do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, e normativa que o desenvolve.

ANEXO II

Baremo de méritos

Baremo polo que se rexe o concurso voluntario de traslados de distintas categorías de persoal estatutario, convocado polo Servicio Galego de Saúde para as institucións sanitarias do seu ámbito:

1º. Servicios prestados con carácter de estatutario fixo nas institucións sanitarias da Seguridade Social na mesma categoría desde a que se concursa:

1 punto por mes completo.

2º. Servicios prestados con carácter de estatutario fixo nas institucións sanitarias da Seguridade Social, noutras categorías estatutarias:

0,50 puntos por mes completo.

3º. Servicios prestados nas institucións sanitarias da Seguridade Social con carácter temporal na mesma categoría desde a que concursa:

0,25 puntos por mes completo.

4º. Servicios prestados nas institucións sanitarias da Seguridade Social con carácter temporal noutras categorías estatutarias:

0,10 puntos por mes completo.

5º. Servicios prestados noutra Administración pública, desempeñando postos de traballo de igual grupo e contido funcional cá praza obxecto do concurso, e recoñecidos ó amparo do previsto na Lei 70/1978, do 26 de decembro:

0,05 puntos por mes completo.

6º. Para o persoal ATS/DUE e fisioterapeutas por servicios prestados en propiedade nas institucións sanitarias da Seguridade Social na modalidade á que concursa asignarase unha puntuación adicional a razón de 0,10 puntos por mes ata o máximo de 6 puntos.

As modalidades que actualmente existen son:

a) De zona.

b) De servicio de urxencias.

c) De institucións sanitarias (obxecto de concurso).

d) De atención primaria.

7º. Pola acreditación da superación do curso de iniciación en lingua galega:

2 puntos

8º. Pola acreditación da superación do curso de perfeccionamento en lingua galega:

4 puntos.

A valoración do punto 8 exclúe a valoración do punto 7.

En canto á homologación dos coñecementos da lingua galega relativos ó grao de iniciación e de perfeccionamento, aplicarase o disposto na seguinte normativa:

-Orde do 19 de xaneiro de 1989, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 27, do 8 de xaneiro).

-Orde do 25 de abril de 1989, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 101, do 29 de maio).

-Orde do 26 de novembro de 1993, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 246, do 23 de decembro).

Nota: os períodos valorados en cada un dos puntos anteriores non poderán ser nunca coincidentes no tempo. Os meses serán completos, coas fraccións debidamente totalizadas en múltiplos de 30.

O tempo de permanencia en situación distinta á de activo pero con reserva de praza (excedencia por maternidade, servicio militar,...) cuantificarase como servicios prestados na praza reservada.

ANEXO III

Código de centro010203040506070809101112

Centro

Categoría

C.H. Juan

Canalejo

(Coruña)

C.H. A.

Marcide

Novoa Santos

(Ferrol)

C.H.U.S.(Santiago)C.H.Xeral--Calde (Lugo)H. da Costa

Burela

H.C. MonforteC.H. de

Ourense

H.C. Val--deorrasC.H. de

Pontevedra

C.H. Xeral--Cíes (Vigo)H. Meixo-

eiro

(Vigo)

H. Nicolás Peña (Vigo)

ATS651070209925152637475

Matrona111112

Fisioterapeuta12112

Ter31221221213

Tel33431122323

Teap2111112

Auxiliar enfermería5275520510155203035

Grupo Téc.F.Advta.(R. jurídica)11211

Grupo Téc.F.Advta.(R. económica)11111

Gestión de la Función Advta.111112

Grupo administrativo2

Asistente social2111

Profesor logofonía y logopedia111

Terapeuta ocupacional1

Código de centro010203040506070809101112

Auxiliar administrativo15722106282131212

Celador15104015661831720252

Cociñeiro121111

Pinche9618124361317

Electricista1

Mecánico1

Pasador de ferro21

Lavandeira11

Xerencia de atención

primaria

CategoríaLocalidadeCódigo da

localidade

A Coruña-Ferrol

(A Coruña)

Auxiliar enfermeríaMalpica14

Oleiros15

Auxiliar administrativoA Coruña (5)16

Arteixo17

Betanzos18

Cambre (2)19

Carballo (3)20

CeladorA Coruña 21

Arteixo (2)22

Cee23

Culleredo24

Muxía25

Ponteceso26

Sada27

LimpadorA Coruña28

A Coruña-Ferrol

(Ferrol)

G. técnico F. Adtiva. (R. xurídica)Ferrol29

Grupo administrativoFerrol30

Auxiliar administrativoFerrol (6)31

Asistente socialFerrol 32

CeladorFerrol (2)33

As Pontes de G. Rodríguez34

Fene35

Ortigueira36

Santiago de CompostelaXestión da Func. administrativaSantiago de Compostela37

Asistente socialSantiago de Compostela38

Auxiliar administrativoSantiago de Compostela (6)39

Muros40

CeladorSantiago de Compostela (5)41

Boiro42

Carnota-Lira43

Lousame44

Noia45

Padrón (2)46

Porto do Son47

Rianxo48

Ribeira (2)49

Xerencia de atención

primaria

CategoríaLocalidadeCódigo da

localidade

LugoG. técnico F. Adtiva. (R. xurídica)Lugo50

Asistente socialLugo (2)51

Auxiliar administrativoLugo (5)52

Mondoñedo53

Ribadeo54

Sarria (2)55

CeladorLugo (2)56

Abadín57

Chantada58

A Fonsagrada59

Guitiriz60

Navia61

Quiroga62

Ribadeo63

Sarria64

OurenseXestión da Func. administrativaOurense (2)65

Asistente socialO Barco de Valdeorras66

Auxiliar administrativoOurense 67

O Barco de Valdeorras68

O Carballiño 69

Ribadavia (2)70

Xinzo de Limia 71

CeladorOurense (4)72

Allariz (2)73

O Carballiño (2)74

Ribadavia75

Xinzo de Limia 76

Pontevedra-Vigo

(Pontevedra)

Xestión da Func. administrativaPontevedra77

Asistente socialPontevedra78

Auxiliar de enfermeríaMarín79

Auxiliar administrativoPontevedra (7)80

CeladorPontevedra (3)81

Bueu (2)82

A Illa de Arousa83

Lalín84

Marín85

O Grove86

Valga87

Pontevedra-Vigo

(Vigo)

G. técnico F. Adtiva. (R. económica)Vigo88

Xestión da Func. administrativaVigo89

Asistente socialVigo90

Cangas91

Auxiliar administrativoVigo (7)92

Auxiliar enfermeríaVigo93

CeladorVigo (8)94

A Guarda (2)95

Cangas96

Nigrán97

O Porriño98

Tui (2)99

Nota: entre paréntese (nº) fíxase o nº de prazas que se oferta na localidade.

ANEXO V

Don/a..., director/a de xestión do...

Certifico:

Que segundo a documentación que consta no expediente personal de don/a... persoal estatutario fixo da categoría de..., queda acreditado que prestou os seguintes servicios:

1. Períodos de servicios prestados como persoal estatutario fixo na mesma categoría á que se concursa nas institucións sanitarias da Seguridade Social (punto 1 do baremo).

(no suposto de tratarse de ATS/DUE ou fisioterapeuta deberá indicarse necesariamente a modalidade ás que se refire o punto 6 do anexo II).

Datas

Centro modalidadeLocalidadeVínculoTotal

días

DesdeAta

2. Períodos de servicios prestados como persoal estatutario fixo noutras categorías en institucións sanitarias da Seguridade Social (punto 2 do baremo).

Datas

CentroCategoríaLocalidadeVínculoTotal

días

DesdeAta

3. Períodos de servicios prestados con carácter temporal, na mesma categoría á que se concursa, nas institucións sanitarias da Seguridade Social (punto 3 do baremo).

Datas

CentroLocalidadeVínculoTotal

días

DesdeAta

4. Períodos de servicios prestados con carácter temporal, noutras categorías estatutarias, nas institucións sanitarias da Seguridade Social (punto 4 do baremo).

Datas

CentroCategoríaLocalidadeVínculoTotal

días

DesdeAta

5. Período de servicios prestados noutra Administración pública, desempeñando postos de traballo de igual grupo e contido funcional cá praza obxecto do concurso, e recoñecidos ó amparo da Lei 70/1978 (punto 5 do baremo).

Datas

CentroDenominación

do posto

LocalidadeVínculoTotal

días

DesdeAta

6. Así mesmo consta que leva desempeñando a praza desde a que concursa.

Datas

CentroCategoríaLocalidadeVínculoTotal

días

DesdeAta

E, para que así conste, a petición do/a interesado/a expídese a presente certificación, co visto e prace do/a director/a-xerente ou director/a médico, en:

... de... de mil novecentos noventa e nove.

Visto e prace

O/a director/a xerente ou director/a médico