Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 04 de xuño de 1999 Páx. 6.948

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de abril de 1999, polo que se aproba definitivamente como plan sectorial de incidencia supramunicipal o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintetrés de abril de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte acordo:

Declarar aprobado definitivamente como Plan sectorial de incidencia supramunicipal o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia.

As determinacións contidas no Plan de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia vincularán o planeamento dos municipios nos que se asentan as súas instalacións, que terán que adaptarse a elas dentro dos prazos legalmente determinados.

De conformidade co disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para os efectos previstos na disposición adicional primeira da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, quedan expresamente cualificadas como de marcado carácter territorial as obras necesarias para a execución dos proxectos do plan. Consecuentemente, non estarán sometidas ós actos de control preventivo municipal a que se refire o artigo 84.1º b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, as instalacións incluídas nos proxectos sectoriais que aprobe o Consello da Xunta de Galicia.

Visto o antedito acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do día vintetrés de abril de mil novecentos noventa e nove, e coa finalidade de cumprilo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1999.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente