Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 03 de xuño de 1999 Páx. 6.865

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de maio de 1999 pola que se dispón a publicación dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 3 correspondente ó grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso á categoría 3 do grupo IV, levada a efecto pola Orde do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12), e remitida polo tribunal IV-1 a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, e unha vez resoltos os recursos administrativos que modifican a Orde do 1 de decembro de 1998 (DOG nº 239, do 11), que elevou a definitiva a entedita proposta, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Publica-la relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría 3 do grupo IV, que se publica como anexo da presente orde.

Segundo.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no DOG, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública