Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 03 de xuño de 1999 Páx. 6.852

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1999, do tribunal designado para xulga-las probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportistas por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, convocadas por Resolución do 15 de abril de 1999 da Dirección Xeral de Transportes, pola que se establece o calendario, horario e lugar das probas e se anuncia a publicación das listas definitivas de admitidos e excluídos.

Este tribunal resolveu:

Primeiro.-De conformidade coa base quinta punto 2 da Resolución do 15 de abril de 1999 da Dirección Xeral de Transportes (Diario Oficial de Galicia nº 77, do 23), establécese o calendario, horario e lugar das probas do seguinte xeito:

Día 3 de xullo de 1999:

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías:

9 h. Para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por A, ata os que comezan por D, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías:

11 h. Para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por A, ata os que comezan por D, ambos inclusive.

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías:

16 h. Para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por E, ata os que comezan por Li, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías:

18 h. Para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por E, ata os que comezan por Li, ambos inclusive.

Día 10 de xullo de 1999:

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías:

9 h. Para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por Lo, ata os que comezan por P, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías:

11 h. Para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por Lo, ata os que comezan por P, ambos inclusive.

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías:

16 h. Para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por Q, ata os que comezan por Z, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías:

18 h. Para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por Q, ata os que comezan por Z, ambos inclusive.

Día 17 de xullo de 1999:

-Axencias de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuídor.

9 h. Tódolos aspirantes:

-Específico interior e internacional de viaxeiros

11.30 h. Tódolos aspirantes.

Segundo.-Establécese como lugar para a celebración das devanditas probas, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, sita na Avda. do Burgo s/n en Santiago de Compostela

Terceiro.-Anúnciase a exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos, a partir do 18 de xuño, de conformidade coa base cuarta punto 4. da resolución da convocatoria, nos organismos seguintes: servicios centrais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, servicios provinciais de Transportes e nas delegacións provinciais da devandita consellería.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Presidente do tribunal